Alberte Pagán. O Auto do prisioneiro, escrito em 1969 e publicado na revista Grial em 1970, é a quarta peça teatral que Ricardo Carvalho Calero recolheu no livro 4 pezas (Galaxia, 1971). Um prisioneiro desfruta na sua cela de todas as comodidades: telefone para comunicar-se com o exterior, aquecimento central, sexo, comida, amizades, visitas e um guarda que é servente, condenado a seguir as rotinas horárias e alimentares do preso. Apreendemos que o diretor do cárcere é seu pai, um pai ausente que nunca colhe o telefone e nunca abre a porta da sua oficina. Realmente existe? Ninguém o conhece mas todo o mundo espera umha mensage del. “Pero ¿hai un direitor?”, pergunta o confinado. Seguir lendo
Arquivo da categoría: Teatro
Concepción Arenal
Pilar Sampedro. O 31 de xaneiro de 2020 cumpriuse o bicentenario de Concepción Arenal. A gran pensadora do século XIX, a muller que uniu teoría e acción está de aniversario e toca lembrala. Non é difícil porque aínda sendo muller era imposible invisibilizala. Seguir lendo
Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXI. Hartzenbusch
Román Arén. Don Juan Eugenio de Hartzenbusch foi carpinteiro, pero chegou a erudito, fundamental na súa época para a comprensión do teatro, membro da Real Academia Española en 1847 e a director da Biblioteca Nacional en 1862. Nacera en Madrid en 1806, de pai alemán e nai andaluza, e no seu século foi famoso como dramaturgo por Los amantes de Teruel e como poeta polas súas Fábulas en verso castellano (1848), xénero poético moi cultivado no século XIX e no que tamén destacaron os galegos Luis Folgueras, Concepción Arenal e o Barón de Andilla. Seguir lendo
Silencio e saúde
Fidel Vidal. “O meu alimento é o silêncio do mundo” (Almada Negreiros, Encontro). Segundo Rof Carballo, entre o silencio e a palabra está o barballar. Nesta ocasión non imos referirnos ao silencio como descansos na fala, ou como el propio, ben expresivo nalgunhas situacións, senón que nos dedicaremos a estoutro silencio menos profundo e complicado e definido como ausencia de son, ou, para dicilo sen máis preámbulos, á falta de ruídos. Seguir lendo