María Arcos. Xa era noite pecha, cando dous golpes fortes e secos a trouxeron ao mundo real. Quen podía ser a aquela hora? Que procuraban dela? Debería ocultarse na penumbra do silencio como se non escoitase nada? Debería pedir axuda? Conseguiría que os que a buscaban marchasen cansos de esperar? Non era tempo de interrogantes, así que, con axilidade, entreabriu o pequeno caixón do vello escritorio e agochou a carta que estaba a punto de rematar. Ninguén tería que lela agás o seu destinatario. Seguir lendo Sen medo a resistir