Arquivos da categoría Viaxes

Unha regata de tolos (IV). Os vencedores

cce71dbfaa9ee2547c80d8ace7d26050Fidel Vidal. Robin Knox-Johnston –con Moitessier “os dous homes máis felices a bordo dos seus barcos” (p.221)-, un dos mariños máis experimentados do grupo, no Suhaili nunca fixo uso do arnés de seguridade. A carga, ademais dos víveres necesarios -auga, carne, salchichón, zumes, verdura, queixo, etcétera-, levou consigo libros, algún sobre xadrez e, entre outros, Tristán Shandy, Tom Jones, Guerra e paz, Crime e castigo, e mesmo Historia da filosofía occidental. Continue reading Unha regata de tolos (IV). Os vencedores

Unha regata de tolos (III). O mal presaxio

565e10b9c3c4d8d5c9cfa2dba1cfddddFidel Vidal. Unha das supersticións do mundo mariñeiro vai asociado ao nome e á cerimonia do bautismo do barco. Na ría de Arousa a maior parte das dornas varadas na praia lucían e locen un nome de muller, sobre todo o da esposa. Non é de bo agoiro que a embarcación se chame “Raio” ou “Vendaval” Continue reading Unha regata de tolos (III). O mal presaxio

Unha regata de tolos (II). O destino

goldenFidel Vidal. O mundo do mar non está libre de supersticións; lembremos a clásica de non elevar áncoras en venres (no noso ámbito o día de mal agoiro é o martes, “non te cases nin te embarques”), ou a de non meter mulleres no barco. Xa embarcados non é aconsellable mencionar os curas; tampouco se permite asubiar, a menos que desexes ser apisoado por unha calma chicha. Contra os malos presaxios están os amuletos: as restras de allos son os de maior uso e, especializados en amainar temporais, nada mellor que unha prenda de roupa interior feminina colgada do mastro maior. Continue reading Unha regata de tolos (II). O destino

Visita a Auschwitz-Birkenau

3f66f5e4c9f04df885ce4274d8e47c5fGonzalo Trasbach. Era mediodía cando chegamos ao territorio da desolación, a vexación e o terror indiscriminados. Entramos polo portón por onde os trens ateigados de deportados ían camiño da estación “Solución final” Birkenau=bidueiro en alemán. Parámonos diante dos barracóns de madeira que teñen resistido en pé o paso do tempo. Un dobre aramado de espiños electrificado bordea as case duascentas hectáreas Continue reading Visita a Auschwitz-Birkenau