A favela carioca de Vitigal

7bXerardo AgraFoxo. Lera que a praia de Ipanema era máis cosmopolita e sofisticada, pero eu vina máis tranquila. O ambiente parecía familiar e as terrazas máis cativas que as de Copacabana. Dende a Punta do Arpeador, no extremo sur, ata o barrio de Leblón, un abeiro tradicional e apracible, sucedíanse hoteis e restaurantes. Dende ese lugar de encontro da mocidade carioca, recoñecido polos seus magníficos solpores, albiscábase no cumio dun outeiro e nas súas pronunciadas ladeiras unha inxente acumulación de casas ananas que contrastaban co urbanismo moderno de Ipanema.

A curiosidade venceu o meu intento de pasar desapercibido. Cando un camareiro se interesou pola miña camiseta do Fluminense, aproveitei para preguntarlle:

–Como se chama aquela favela?

–Vitigal.

–Podo ir a ela?

–Claro que pode, pero para que?

–Simplemente…

–Señor, a que quere ir vostede a Vitigal? Ao mellor non lle van facer nada neses calellos, pero o máis probable e que lle quiten todo o que leva consigo. Entende?

–Entendo.

Un comentario en “A favela carioca de Vitigal

  1. Xerardo:
    Te recomiendo, no te metas en la favela esa. Suelen ser de lo más peligroso.
    Si lo haces, no dudo puedas salir como el gallo de Morón…, “sin plumas y cacareando”, hazme caso.
    Un saludo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *