Gonzalo Trasbach. No “Fear Of Music” (1979), o terceiro LP dos Talking Heads, hai unha canción I Zimbra, onde as guitarras estridentes e unha percusión omnipresente, case delirante, constituía unha mestura explosiva na que xa se podía adiviñar a posibilidade de compoñer este marabilloso “My Life In The Bush Ghosts”, un álbum que é froito da colaboración entre David Byrne, cantante e compositor de Talking Heads, e de Brian Eno, que tras o seu paso polos Roxy Music de Brian Ferry, empezou a exercer Continue reading “My Life In The Bush Of Ghosts”, unha perla atemporal
Arquivos da categoría Música
Algunhas xoias da colleita do 71
Gonzalo Trasbach. Neste 2021 fai 50 anos dunha excelente colleita musical. A que se sementou no 1971. Daquela acababamos de entrar nunha nova década, xa sen The Beatles e sen Jimi Hendrix, entre outros. A era dos setenta arrancou trala tráxica coroación dos prodixiosos 60, cando nos seus estertores tivo lugar o sanguento pesadelo do Festival de Altamont en San Francisco (USA). Continue reading Algunhas xoias da colleita do 71
Nick Cave: novo disco e obra lírica (II)
Gonzalo Trasbach. “Obra lírica completa” (1978-2019), editado por Libros del Kultrum. Segundo nos ten dito o grande poeta Wystan Hug Auden (21, febreiro, 1907-29, setembro, 1973) a experiencia traumática non é un accidente, senón a oportunidade que o neno está agardando pacientemente; de non ter sido esta, habería outra para que a súa vida se convertese nun asunto serio. A morte do seu pai, acontecida cando só tiña 19 anos, foi a experiencia traumática de Nick Cave, unha doenza clave para que buscase darlle unha forma á dor que lle causaba, para, mediante a linguaxe, levantar un templo cos materiais da ausencia que o torturaba, unha experiencia que lle deixou un baleiro que só o relixioso, o sagrado ou Deus podía encher Continue reading Nick Cave: novo disco e obra lírica (II)
Nick Cave: novo disco e obra lírica (I)
Gonzalo Trasbach. Tivemos no mes de novembro dúas marabillosas noticias sobre Nick Cave. Primeiro atopámonos cun libro de precioso formato que recolle a súa obra lírica completa e xa nos últimos días do mes puidemos escoitar o seu fabuloso novo disco: “Idiot Prayer: Nick Cave Alone At Alexandra Palace”.
Os que somos afeccionados á música contemporánea sabemos do monumental legado do músico e escritor australiano afincado en Inglaterra. Continue reading Nick Cave: novo disco e obra lírica (I)