“Skinty Fia”, novo disco de Fontaines DC

In-ar-gCroithe-go-deo-Lyrics-Fontaines-D.C.Gonzalo Trasbach. Despois de debutar cun sobresaínte “Drogel” en 2019, o quinteto de Dublín rubricou ao ano seguinte que continuaba na senda exitosa cando apareceu o seu segundo álbum: “A Hero’s Death”, unha obra que testificaba que na verde Eire había vida sonora máis aló do fastío dos U2. Agora con este “Skinty Fia” os irlandeses proclaman ben alto que levan catro anos sen parar de medrar. No primeiro disco botaron as sementes, que naceron e propiciaron a colleita dun marabilloso e maduro froito. Este terceiro, que vén significar algo así como A maldición do cervo, que é a tradución do gaélico “Skinty Fia”, colócaos nun chanzo aínda máis alto da escada musical.

Os dublineses continúan experimentando con calma e sen présa, concentrándose en cortes densos e austeros coma Bloomsday (como nos lembra a Joyce este título), a moi inspirada Jackie Down The Line e a moi emocionante I Love You, que non é unha simple declaración de amor, pero que nos trae á cabeza ecos dos mellores The Cure. En The Coupla Across The Road, Grian Chatten canta, só acompañado polo seu acordeón, sobre a corrupción do amor da mocidade.

Románticos e apaixonados, tal e como amosa o misterioso arranque do disco: In ár gCroithe go deo, tema que conta cuns coros de carácter elexíaco, acompañados do frenético ritmo da batería.1831bb59639b7147b7dc488f12c5aed7.640x640x1 O peche do traballo é maxestoso: a explosiva Navokov, poboada de guitarreos apocalípticos e tamén o techno-punk ou post-punk da canción que dá título ao álbum: Skinty Fia, misteriosa, inquietante, ao que contribúe a espectral voz de Grian Chatten, que en Roman Holiday aposta pola lixera do pop. Así mesmo son de resaltar os guitarreos, cortantes coma serras eléctricas, de Hurricane Laughter.

Como magníficos estandartes que son da arte-punk, a banda ofrécenos un paseo melancólico a través de melodías suaves e distorsionadas, con pinceladas de paisaxes sonoras sombrías e tamén algunhas referencias literarias, coma na encantadora Bloomsday. Sen dúbida falamos dun disco imprescindíbel para os amantes do punk fresco e divertido, sobre todo tendo en conta o actual eirado sónico no que nos atopamos mergullados.

2 comentarios en ““Skinty Fia”, novo disco de Fontaines DC

  1. Miña cara Magdalena. Ruborizome cos teus eloxios. Non é para tanto. De todos os xeitos, estouche moi agradecido. Como di o refraneiro, sobre gustos musicais está todo dito, ou talvez máis ben nada. Apertas e moito ánimos.

  2. Boas tardes, querido Gonzalo:

    Cando escribes de esto que ti tanto entendes, sinto pena por non poder contestarche como eu quixera, pero atópome con moitas dificultades para trasladar á escrita o que te merecerías que eu te respondera. Agora, operar a miña transformación referente aos gustos musicais e moi dificil. De todos xeitos, quero que sepas que os leo con moito cariño e admiración.
    Noraboa.
    Moitos biquiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *