Arquivo da categoría: Lucía Romaní

Fábulas talladas

fabulas-talladasLucía Romaní. Labrar, esculpir ou tallar son accións que desvelan e revelan formas, sutilmente, gradualmente, nun proceso delicado que require paciencia e precisión. A exposición Contos da orfebrepreséntase na galería O Faiado de Ribeira, durante este mes de novembro, como unha serie de narracións independentes onde fíos de tinta debuxan o papel con gran preciosismo, tal que filigranas, construíndo un mundo simbólico coroado de diminutas xoias ou apliques inspirados na natureza. Pingas que tecen mantos, pelo embutido en lume, ou plumas entre follas e ás recrean un imaxinario cuxas ambiguas formas se duplican e replican, obsesivamente, nas diferentes historias contadas. Seguir lendo Fábulas talladas

A urxencia de retomar o lugar

En 1961, Piero Manzoni constrúe «A base do mundo»
En 1961, Piero Manzoni constrúe «A base do mundo»

Lucía Romaní. Camiñar e deterse para contemplar (o extraordinario do mundo). Sentarse nun banco para esperar -cando ninguén espera-, ou simplemente ver xente pasar. Intercambiar miradas cun estraño, compartir o anonimato. A rúa é ese espazo onde todo é posible por imprevisible. Un lugar onde deambular, ir dun lugar a outro, libremente; ser un máis entre a multitude. Seguir lendo A urxencia de retomar o lugar

Interferencias produtivas, Experiencias de creación artística, aprendizaxe e investigación cooperativa

Exposición Artes 2010
Maio Vintage Market, Boiro, 2013. Organización, Creaturas. Foto, Pascual Vidal.

Lucía Romaní. Resulta sorprendente a eclosión de colectivos, grupos de traballo, plataformas ou redes locais, que están a formular nos últimos anos outros modelos de organización, relación e xestión máis transparentes, autónomos e indepen-dentes, cuxa actitude de compromiso coa sociedade é visible nas súas maneiras de facer, redistribuír e relocalizar os recursos. Seguir lendo Interferencias produtivas, Experiencias de creación artística, aprendizaxe e investigación cooperativa

Warpaintings: do punk ao pink

scale
Hope, 2013

Lucía Romaní. A artista e arquitecta Elia Nuñez Barez (Ribeira, 1979) introdúcenos a través da exposición Color, colorecolori na súa última aventura vital, froito do traballo realizado no último ano. Warpaintings (pinturas de guerra) é o nome que dá título a unha serie de traballos nos que a cor se converte en elemento detonante e detonador, nunha carga explosiva. Seguir lendo Warpaintings: do punk ao pink