Fernando Losada Rodríguez. Aínda que non haxa ningunha persoa na mesma habitación máis ca ti, sempre estarás en compaña de milleiros de millóns de seres. Uns están nas superficies de todo o que ves: a roupa, os cubertos da cociña, a cama, e mesmo a túa propia pel. Outros atópanse no ar, e estámolos respirando sen darnos conta. Seguir lendo Micropaisaxe
Arquivo da categoría: Fernando Losada Rodríguez
Cuarzos do Camiño
Fernando Losada Rodríguez. Na imaxe vemos varios tipos de cuarzo. Os tres exemplares vermellos do centro son da variedade Xacinto de Compostela. O certo é que non leva ese nome por atoparse nos arredores da capital galega, senón porque di a tradición que os peregrinos recollíanos mentres facían o Camiño coa intención de vendelos ao chegaren a Compostela; aínda hoxe pode atoparse algún (se cadra, agora quedan menos) Seguir lendo Cuarzos do Camiño
Para que serven os fósiles?
Fernando Losada Rodríguez. Hai 440 millóns de anos, a finais do período Ordovícico, o noso planeta Terra era moi diferente. Mentres que en terra firme só había plantas sinxelas e fungos, nos mares abundaban os trilobites, uns invertebrados de patas articuladas moi diferentes dos seus parentes actuais, crustáceos e insectos. Seguir lendo Para que serven os fósiles?
Onde comeza a cola da serpe?
Fernando Losada. Como cada día, Eva tomou un almorzo e foi á súa pequena granxa mirar polos seus animais: dous cadelos, unha cabra, un galo, sete galiñas, un macho de pavón, tres coellos e un par de porcos bravos (porque lle gustaba moito a carne de xabaril). Polo camiño, pasaba sempre xunto a unha gran rocha de granito na que xogan moito os seus netos cando van facerlle unha visita.