Avoa avoa avoa

Marina Losada Vicente. -Avoa avoa avoa, antes fun ao cuarto de baño, quedoume a luz prendida e non se gastou.

 -Avoa avoa avoa tes a comida ao lume e as chemineas do tellado non botan fume!

 -Avoa avoa avoa como se vai chamar Casa do Mar! Será Casa dos Mariñeiros e Mariñeiras, que aquí entra xente, non auga!

 -Avoa avoa avoa o barco que é da Mariña Mercante non ten segundo apelido?

 Pepa conta anéctodas no neto, disfrazadas de cousas do neno da veciña, farta de que lle boten na cara, como ela facía coas amigas, antes de telo, que non sabe máis que falar del.

 -Avoa avoa avoa? -pregúntalle con malicia a compañeira da partidas.

 -Demo, por que serei sempre tan literal! -repréndese Pepa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *