Arquivos da categoría Víctor Barbeito Pose

A eterna cama de pedra: os sartegos de Pomar e Quins

barbeitoVíctor Barbeito Pose. A escasa distancia do actual templo de Posmarcos, no medio dunha fermosísima fraga rodeada de socalcos que lle inspira un encanto especial, localízase unha pequena necrópole moi singular, denominada Os sartegos do Pomar, tallada sobre un afloramento rochoso que seguramente serviu como camposanto de certa «aristocracia» local. Continue reading A eterna cama de pedra: os sartegos de Pomar e Quins

Na procura da Atlántida ribeirense: a cidade asolagada de Valverde

atlantida

Contorno da marisma de Carregal no parque natural de Corrubedo

Víctor Barbeito Pose. A ninguén lle sorprenderá que no litoral costeiro das parroquias ribeirenses de Artes e Olveira existe unha marisma próxima ao mar, dentro do actual sistema dunar de Corrubedo, na que se conta que se atopa cuberta polas súas augas a mítica cidade de Valverde. Nisto non hai ningunha achega nova, xa que a lenda é amplamente coñecida, como tamén acontece con outras moitas lagoas en terreos galaicos, como a de Alcaián, en Coristanco, ou a de Antela, na Limia, que asolagou a cidade de Antioquía. Continue reading Na procura da Atlántida ribeirense: a cidade asolagada de Valverde

O ADN cultural galego

adn

Os últimos lumes afectaron un centenar de xacementos arqueolóxicos en Porto do Son

Víctor Barbeito Pose. Hai uns meses (re)vivimos unha traxedia que xa é habitual: os lumes forestais; segundo parece, as causas son un galimatías no que non teño opinión experta, pero si a teño das consecuencias deses lumes, mais da xestión que se está a facer do monte. O último lume en Porto do Son afectou un centenar de xacementos arqueolóxicos, principalmente ducias de rochas con figuras gravadas que son unha das manifestacións culturais máis importantes da Prehistoria europea. Continue reading O ADN cultural galego