Arquivo da categoría: Román Arén

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXIII. Un modernista colombiano: Gómez Jaime

jaimeRomán Arén. Escritor bastante esquecido hoxe é Alfredo Gómez Jaime, modernista, nacido en Tunja en 1878 e que viviu moitos anos en España, onde foi un dos fundadores da <Revista Latina>. Diplomático, foi cónsul do seu país en Vigo e colaborou na prensa galega. Dramaturgo e poeta, en 1907 editou Rimas del Trópico e da importancia que tivo na súa época dá conta a homenaxe que lle fixo en Madrid a plana maior do Modernismo Hispánico, pois entre os asistentes estaban Valle-Inclán e Rubén Darío, Salvador Rueda e Amado Nervo Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXIII. Un modernista colombiano: Gómez Jaime

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXII. Leandro Fernández de Moratín

Portrait Of The Poet Leandro Fernández De Moratín (1760-1828)Román Arén. Para que calquera coñeza o repertorio fundamental da literatura castelá, o nome de Leandro Fernández de Moratín (1780-1828) vai asociado ao teatro, pois é considerado o mellor dramaturgo español do século XVIII e aínda hoxe en día os estudantes adoitan ler no bacharelato a comedia El sí de las niñas. Ademais, os que se interesan pola historia saberán que foi afrancesado, amigo de Goya e que morreu exiliado en París. Pero Moratín fillo (seu pai, Nicolás Fernández de Moratín foi tamén poeta) foi un poeta importante aínda que ás veces algo esquecido, pero que escribiu varios poemas que figuran merecidamente nas antoloxías, sobre todo a elexía “A las musas”:

Esta corona, adorno de mi frente,/esta sonante lira, y flautas de oro,/y máscaras alegres que algún día/me disteis, sacras musas, de mis manos/trémulas recibid, y el canto acabe,/que fuera osado intento repetirle…

Foi o autor poeta elexíaco, satírico, lírico e epigramático, ademais de tradutor de Horacio e Shakespeare. Hoxe contamos cunha edición das súas Poesías completas (Barcelona, 1995) a cargo de Jesús Pérez Magallón. Medra, asemade, o interese pola súa prosa, que conta con edicións contemporáneas. Non abundan as referencias a Galicia na súa obra, aínda que algunha hai. No romance satírico de 1822 que comeza “Virgen santa del Rosario…”, hai unha alusión burlesca:

En la gran ciudad de Coria,/que por poco no es gallega,/vivía don Juan Andrés,/un hidalgo de Alcobendas.

O comentarista da poesía de Moratín, Pérez Magallón, anota “hay una Coria en Cáceres, pero dado el tono burlón debe referirse a Coria del Río, en Sevilla”. A burla vén porque queda lonxe, case tan lonxe como Galicia.

Non faltan as alusións xacobeas, e así no romance hendecasílabo “La toma de Granada por los Reyes Católicos, don Fernando y doña Isabel” anota a “Y otro Almanzor del templo de Santiago/renovará el incendio y la rüina”. Naturalmente alude á expedición de Al-Mansur a Compostela no ano 997.

No tivo moitos galegos que estudasen a súa obra, pero Sánchez Cantón dedicoulle un interesante artigo en 1946 (“Moratín, josefino, en la interpretación de Lenguas”) no <Correo Erudito> e tamén o ourensán José Luis Varela se ocupou del en “Moratín dimite”, incluído en La palabra y la llama (Madrid, 1967).

Aínda se pode atopar outra alusión a nós, esta vez á fama, en parte verdadeira, de que a maioría dos criados en Madrid eran galegos. Figura no poema satírico “El Filosofastro”, que antologa Polt, que leva por antetítulo “Epístola a Claudio”:

…cedí al encanto/de su elocuencia, y vieras conducida/del rústico gallego que me sirve/ancha bandeja con tazón chinesco/rebosando de hirviente chocolate…

Outro chanzo na historia de Noia

O Andel. Os gremios de oficios de NoiaRomán Arén. Juancho López Oviedo (Noia, 1942) publicou o pasado ano unha síntese sobre os gremios noieses, con prólogo do historiador Paulo Nogueira Santiago. Estruturada en tres partes, a primeira leva como introdución unha contextualización espacial, «o lugar onde se enmarca a historia: a bíblica Noela», para estudar logo os antecedentes dos gremios, as laudas gremiais de Santa María A Nova, a situación gremial na Noia de 1576 e a intervención que tiñan na vida social. Seguir lendo Outro chanzo na historia de Noia

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXI. Rojas Villandrando

CoverRomán Arén. Agustín de Rojas Villandrando é coñecido na literatura castelá por El viaje entretenido, publicado en Madrid en 1603. Parece que era de orixe galega e que seus pais eran fidalgos de Ribadeo que pasaron logo a Terra de Campos. Afirma Rojas que “fui soldado y alojando por Galicia, hallé un gallego que afirmaba ser yo su hijo..”.

Coñeceu Ferrol e A Coruña e a esta última cidade dedicou un soneto:

Adiós, hercúleos muros, que a los cielos/amenazáis con la soberbia altura./Adiós, tierra dichosa, sepultura/de mis contentos, glorias y consuelos. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXI. Rojas Villandrando