Xulio Gutiérrez. Torbern Olaf Bergman estudaba demasiado. Mentres que o seu pai quería que se fixese avogado, el devecía pola física. Para compracelo, matriculouse en ambas carreiras na Universidade de Upsala. O caso é que o corpo non lle aguantou e tivo que tomarse uns meses de repouso. Continue reading Torbernita
Arquivos da categoría Xulio Gutiérrez
Azolla
Xulio Gutiérrez. Non é normal que un fento medre na auga, pero Azolla filiculoidesnon é un fento común. Chegou de sudamérica hai uns anos e chegou para quedarse. É unha das expecies exóticas invasoras máis estendidas do mundo porque combatela é difícil, caro e, ao cabo, inútil. Continue reading Azolla
Matriarcas
Xulio Gutiérrez Roger. Estamos tan afeitos a interpretar a natureza con lentes ideolóxicas que cremos ver nos animais características humanas que de ningunha maneira posúen. A maxestosidade do león, a astucia do raposo ou a crueldade da hiena. Pero estas lentes non son máis que un espello que nos define antes a nós que a eles. Unha destas lentes relaciónase co concepto de familia nuclear: o papá, a mamá e as crías. Continue reading Matriarcas
Alimentos viaxeiros
