Nas terras vermellas do Brasil

978841249106Eme Cartea. Outono do 2018. 45 días de viaxe.De Olinda –Pernambuco– a Río de Janeiro. Catro mil km de descuberta e abraio por este país “desmesurado” que é o Brasil…onde “se sente ben o pouco que é un home” (que diría Novoneyra).

Xerardo AgraFoxo, historiador, ensaísta, novelista e viaxeiro. Este é o seu terceiro libro de viaxes. Antes, Cuba (2014) e o Senegal (2018). E a cana a pescar… Un libro de aventuras e andanzas íntimas e personalizadas, ganduxado e tecido en fondo, forma, estilo e vasta información de grande interese para o lector.

Un xénero (o da Literatura de viaxes), que vai de viaxar e escribir esas experiencias. Reais ou ficticias, propias de toda época, país e cultura, dende Homero a Marco Polo, de Crónica de Indias a …Xerardo Agrafoxo.

O noso viaxeiro avanza con tres pes na mochila: Pão de Açúcar, Pão Brasil, e Pernambuco, talvez para facer seu o desexo de E. Bishop: “Saber o que hai máis alá das favelas, do carnaval e do fútbol”. E con F. de Orellana de fondo: esa forza descomunal e irredutible!

O Brasil de Xerardo é á vez paraíso e inferno, luxuriante e devastado, paradisíaco e cainita. Un país desigual, de Bolsonaros e Lulas. Utopía e distopía de ganchete. Un dos países máis fermosos e perigosos do mundo para desfrutar…e morrer: eis a tentación e o desafío!

Literatura de Viaxes

Nas terras vermellas do Brasil

Xerardo AgraFoxo

Ed. Toxosoutos

Colección NUME

Ano de edición: 2022

Materia: Aventura

296 páxinas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *