Natureza/Razón

mosteiroCarlos Mosteiro. Cando todo reborda; cando non hai muros que conteñan a quen, de todas maneiras, non está disposto a aceptar límites, nin obedecer leis, nin respectar muros, nin escoitar boas palabras, nin razoamentos xuizosos; cando isto ocorre, digo, a natureza -por algún lugar ten que romper a eterna dicotomía- infrínxelle á razón a máis dolorosa das derrotas. É a natureza desbocada. No fondo, unha sorte de inspiración, algo que bota por fóra, sen control, sen norma; algo que ten que ver máis co silencio que coa impostura, como xa dixo Rosalía: «Yo prefiero a ese brillo de un instante, la triste soledad donde batallo / y donde nunca a perturbar mi espíritu / llega el vano rumor de los halagos”.

A condición humana apequenada, as casas atemorizadas, trementes, esperando que pase o perigo, que o mar desafogue o seu anoxo. É o arrebato. Pola mañá xa se verá o que quedou en pé, se hai algo despois da batalla A ver se, polo menos, toda a violencia da noite invernal se materializou nalgún poema que deixe constancia do acontecido tras a luz apagada dunha fiestra adolescente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *