14 de abril

maxiMaxi Olariaga. Sinto por don Miguel de Cervantes un respecto reverencial, case inclinado á adoración. Todas as verbas que deixou esvarar da súa pluma foron escritas desde a liberdade que dá o saberse un escollido e, por iso, un desprezado polas autoridades do seu tempo. O meirande dos grandes, esquecido nun cárcere de Arxel! Disque un día, vendo como a súa man esquerda desgarrada pola metralla, mesturaba o seu sangue co acendido solpor de Lepanto, berrou: «Esta é a ocasión máis grande que viron os séculos!».

Non debeu dicilo, don Miguel. Vostede non tiña por que sabelo a pesar de ser un xenio profético como nos ten demostrado nas hispánicas desventuras de Don Quixote. A ocasión máis grande que nesta terra miserenta viron os séculos apareceu, de súpeto, rodando entre simas ardentes e vales de espiños un 14 de abril do ano 1931. E así como a vostede, que loitou contra o Gran Turco, a súa patria pagoullo co esquecemento e a máis aleivosa traizón, así mesmamente naceu a República das Patrias de España, e, por ilo, foi pasada polo cárcere, a tortura e o envelenado fío do verdugo ferrolán.

No 1571, gañou a batalla e perdeu a man. Se vostede vivise no 1931, perdería a guerra e sería fusilado.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fotografía, Maxi Olariaga, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>