Zume de lima

Foto: Raquel Xallas
Foto: Raquel Xallas

María Xesús Blanco. É a súa boca. Ben o sei. A súa boca é a culpábel desta desorde. Gustaríame compartir con ela ese cóctel. O xeo desfacéndose no zume de lima. Os dous estamos a miles de quilómetros das nosas casas. Escóitase música de fondo. Ela está preto de min pero nin me ve. A súa pel está relucente. E no peito ese colar de perlas. Ela só permitirá un plano fragmentado do seu rostro. É difícil calcular as distancias cando un quere achegarse pero ao mesmo tempo ha de pasar desapercibido. O timbre suave da súa voz engaiola. E o da súa risa algareira tamén. Fala con uns e con outros. Escoita.Os silencios son necesarios para captar a atención dos demais. Sabe facer ben o seu traballo. A empresa intúe que é unha xoia. Por iso está presente na inauguración das tendas máis emblemáticas. Estivo en Londres. Agora en Atenas. O vindeiro mes estará en Tokio. Seguramente está aloxada no hotel que mira á Acrópole. Desexo falarlle pero non me atrevo. Os fotógrafos non debemos conversar neste tipo de actos. As nosas miradas crúzanse un instante. Leva ese vestido de seda que sae no anuncio da promoción. Fai un contraste singular cos pendentes de zafiro. Ese que foi filmado na praia do Vilar. A empresa sempre fai as primeiras gravacións na terra de orixe. E mentres cambio o obxectivo véxoa ir cara á porta principal. Parece que alguén a espera. Oxalá coincidamos axiña noutro lugar.

5 comentarios en “Zume de lima

  1. Boa tarde!
    Gustaríame contar que estes días varios lectores e lectoras gabaron o lirismo e a sensualidade de “Zume de lima”. Hei de dicir que a fotografía artística da fotógrafa ribeirense Raquel Xallas e o escrito van da man. De feito o texto, neste caso, xurdiu a partir da imaxe.
    Felices Reis a todos os amigos e amigas de Café Barbantia que contribúen, dun xeito ou doutro, a que este espazo máxico sexa un lugar de encontro cada día!!

  2. María Jesús:
    Amor a primera vista? ¿En la distancia? ¿O acaso un amor platónico? Cualquiera de ellos encajaría en tu historia porque realmente, ha sido muy bien narrada. Y menciono el amor platónico porque, a veces, el ser humano se centra en la belleza del carácter e inteligencia de una persona, y no en su apariencia física; aunque la joven de tu narrativa, al parecer, lo reunía todo para el fotógrafo.
    Sí, mejor que coincidan en otro lugar, aunque veo difícil puedan encontrarse, pues tal como describes a esa “joya” de mujer en tu narrativa… No creo que el pobre fotógrafo llegara a tiempo, ya que otros se le adelantarían.
    Me gustó lo que has escrito.
    ¡¡FELIZ 2022!!

    1. Boa tarde Naty,
      Moitas grazas polas túas palabras. E si, parece que o fotógrafo é a personaxe namorada nesta historia … Pero, quen sabe…
      Saúdos e Feliz 2022 !!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *