Todolos artigos de: cafebarbantia

Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIV. Torcuato Luca de Tena

Torcuato_Luca_de_TenaRomán Arén. Por idade Torcuato Luca de Tena (1923) pertence á xeración de Carlos E. De Roy, Rafael Montesinos, José Hierro e Pablo García Baena, pero, aínda que comezou a súa carreira literaria como poeta, a crítica non o considerou nunca unha figura importante e o seu éxito, sobre todo popular, veulle como novelista. Os da miña xeración, e os da anterior, lembrarán unha novela de adolescencia, Edad prohibida, que fora publicada en 1957 ou 1958, case ao mesmo tempo que La vida sale al encuentro, de Martín Vigil. Novela amena, algo moralista, convencional, pero ben escrita, os críticos “serios” non a valoraron, pero o autor non carece de maña literaria. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIV. Torcuato Luca de Tena →

Conversas de escaparate. O entroido interminábel

perfil1Fidel Vidal. -Dun tempo a esta parte non se coñece a xente.

-A que te refires?

-Non te decataches que todo o mundo anda coas caras tapadas?

-Será que non rematou o carnaval.

-Pois ben cativas son as máscaras.Todas iguais.

-Hainas azuis e brancas. Tamén se ven negras.

-Outras levan bandeiriña. Seguir lendo Conversas de escaparate. O entroido interminábel →