Todolos artigos de: cafebarbantia

Anotacións

Ilugstración: Belén Rodríguez Pazo
Ilustración: Belén Rodríguez Pazo

María Xesús Blanco. Unha calor asfixiante e a porta pechada. Foron dous pisos. Resultou fácil saltar aquela tarde. Unha decisión rápida. Pouco intelixente, claro. Pero rápida. De súpeto sentín unha necesidade urxente de fuxir. Volveran as náuseas. A cabeza a piques de rebentar. E meus pais traballando arreo no bar. Pensaban que esquecería todo vendo series de televisión, estomballada no sofá. Encerrada entre catro paredes. E mentres eses individuos facendo o que lles petaba por aí. Dinme que debo retomar os estudos. Que hei de levar unha vida normal.  E que debo facer anotacións de calquera cousa que me veña ao pensamento. Seguir lendo Anotacións →