Pilar Sampedro. Suso de Toro acostuma cambiar a maneira na que transitar o territorio literario en cada obra, de aí que sempre entremos nos seus libros como quen abre unha porta ao descoñecido. Na última entrega reconstrúe a biografía de persoas moi coñecidas entre nós e faino dialogando con elas; preguntándose pola certeza das súas descubertas, introducíndose no relato coma un máis dos personaxes reais que por el se moven, aplicando a súa experiencia persoal ao que outros lle contan… Penetramos co autor na vida desa familia compostelá, os Baltar. Unha liñaxe de médicos na gran cidade sanitaria de Galicia: un pai e un fillo que foron directores do Hospital Real, que crearon sanatorios privados Seguir lendo Suso de Toro e Un señor elegante →