Xerardo AgraFoxo. Non resulta sorprendente que esta obra gañase o Premio García Barros 2020, pero si resulta sorprendente, tal como se le na lapela do libro, que esta sexa a primeira novela desta profesora de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Agra de Leborís de Laracha. A obra comeza cun pulso firme, unha trama narrativa engaiolante e unha lingua moi acaída para esta historia de descubertas sorprendentes e sentimentos encontrados. A protagonista, Camila, unha moza asolada polas incertezas (“ataques de ansiedade e soños angustiosos”) deixa na cidade o seu pai enfermo (“O ictus deulle aquí mesmo”) para emprender unha viaxe cara á Briana, a súa vila natal, coa teima de resolver nas paisaxes da súa infancia os problemas que a invaden. Seguir lendo Flores de ferro, de María Rei Vilas
Todolos artigos de: cafebarbantia
Alarde de valentía
Marina Losada Vicente. Levo todo o día revivindo a escena. O sitio. A hora. A expresión da súa cara. Todo na cabeza a darme voltas… o momento de vomitalo, o empoderamento que sentín cando me souben capaz… Non foi un alarde de valentía, foi unha decisión meditada, remoída un ano enteiro, que hoxe tomou forma: Se me preguntan, dígolles que non. Se mo insinúan, dígolles que non. Se simplemente o deixan caer, dígolles que non. Se o dan por feito, dígolles que non. Teñen que telo moi claro. Non e non! Seguir lendo Alarde de valentía
Conversas de escaparate. Clase
Fidel Vidal. -Esa que ves aí, foi raíña das festas. Fose por onde fose, tras dela arrastraba multitudes.
-De homes, naturalmente.
-E de mulleres.
-Unha desprezativa. Por que pensas que gañou?
-Porque se ve guapa e con estilo. Seguir lendo Conversas de escaparate. Clase
O valor das cousas
Francisco Ant. Vidal Blanco. Don Luís deixou na memoria dos seus a idea de que máis ca un médico era un santo que non cobraba e facía milagres. Do seu sobriño, que non admite galanos, a xente di que é un déspota. E é que nada hai tan ofensivo como desprezar as mostras de servilismo disfrazado de agradecemento. Seguir lendo O valor das cousas