X. Ricardo Losada. Nunca me molestou, pero agora comeza a molestarme, e vou aproveitar esta tribuna para protestar. Non me parece ben que cada vez que se quere representar un vello, sobre todo nas ilustracións para nenos, se representen con moita calva e pouco pelo e, por riba, pelo branco. Seguir lendo Consumidores bolxeviques
Todolos artigos de: cafebarbantia
Conversas de escaparate. Almorzo no paraíso
Fidel Vidal. -A vida entre parénteses. Vai para dous meses coa mesma roupa.
-Os que somos de natureza limpa non precisamos mudarnos.
-Natureza limpa… Non me fagas rir.
-Loado sexa o Señor. En mala hora me colocaron cabo túa.
-Farías un bo cura. Dos de antes, dos de sotana. Sentaríache que nin pintada. Seguir lendo Conversas de escaparate. Almorzo no paraíso
Carta a unha nena
Pilar Sampedro. Ven, quero que entres comigo nun libro.
Imos facelo petando na súa porta, pedindo permiso para que nos deixe abrilo. Ir máis alá da cuberta, onde apenas podemos ver o título e os nomes de quen o escribiu e debuxou. Seguir lendo Carta a unha nena
Concédesme este baile?
Marina Losada Vicente. Cantas veces vivín eu a mesma situación, veña e dálle, no meu maxín. O meu corpo, teimudo, sentía cada vez a túa invitación ao baile. Unha man acariña a cintura. A outra recolle a miña para iniciar xuntos o voo. Dúas bolboretas nunha danza nupcial.
Cada vez e todas as veces que escoita tocar a gaita, muiñeira ou xota, peza lenta ou rápida, o meu corpo sente unha forte chamada ao movemento. A necesidade de bailar percorre cada poro da miña pel. Seguir lendo Concédesme este baile?