Gonzalo Trasbach. Recordade amigos: <Había na terra de Hus un home chamado Job (Job, 1,1). Era xusto e rico. Pero en pouco tempo a desgraza caeu sobre el e perdeuno todo. Prostrado nunha esterqueira, abandonado, debátese entre o berro e o silencio>. Seguir lendo Unha canción para o peche de Rockdelux
Todolos artigos de: cafebarbantia
Conversas de escaparate. Santuario
Fidel Vidal. -Aprendo máis mirando para quen pasa pola rúa que escoitándote.
-Se eu case non falo.
-Aínda así. Estaría mellor instruído paseando por unha fraga que ao teu carón esta longa tempada que levamos xuntos.
-A piques de entrar no verán, coas primeiras cereixas. O mes de xuño é o mellor mes para catalas. Seguir lendo Conversas de escaparate. Santuario
En memoria de Xosé Luís Franco Grande

X. Ricardo Losada. A primeira vez que vin en persoa a Xosé Luís Franco Grande baixaba dun vello Mercedes verde. Eu estaba nunha cafetería da praza de Castelao en Rianxo e el acababa de aparcar. Mentres o vía acercarse á terraza onde eu estaba, pensei que lle gustaba pasar desapercibido, mesmo, algo que confirmei despois, que o dominaba unha moi grande timidez. Seguir lendo En memoria de Xosé Luís Franco Grande
A derradeira viaxe dos irmáns Somoza Piñeiro

Antón Rodríguez Gallardo. Con data do 8 de outubro de 1936 eran anotadas no rexistro civil de Rianxo as mortes de José e Maximino Somoza Piñeiro, irmáns e veciños do núcleo boirense de Escarabote, de 24 e 22 anos de idade. Os seus cadáveres apareceran nunha paraxe de Taragoña, apenas separados uns metros. Seguir lendo A derradeira viaxe dos irmáns Somoza Piñeiro