Todolos artigos de: cafebarbantia

Xaxún e outras andrómenas

cocido-Francisco Ant. Vidal Blanco. Cúmprense agora anos do día que quixen sorprender a mi tía María cunha noticia  que lle sacase da cabeza a mala idea que puidese ter de min: “Tía, onte xantei con un cura”. Ela miroume, sorriu cun aceno de incrédula e preguntoume detalles, o por que e o para que. Fora unha visita de traballo, e despois de cumprir co deber laboral don Elías invitoume a xantar nun restaurante da entrada do Ferrol, para así poder seguir falando e compartindo dúbidas e discrepancias. Pero miña tía, sempre tan mal pensada en todo o que á miña conducta relixiosa se refería, preguntoume de súpeto que coméramos. Seguir lendo Xaxún e outras andrómenas →

Pinocho (III). Mentiras e verdades

pinocchio-4490040_960_720Fidel Vidal. A historia de Pinocho está ligada dunha forma verdadeiramente inxusta ao termo mentireiro. “Como digas mentiras vaiche medrar o nariz como a Pinocho”. Esa frase, o dicir mentiras, para a maioría da xente resume o conto do noso Pinocho, é inherente á súa esencia. Non en balde os primeiros arrepentimentos na confesión dun rapaz diante do cura adoitaban ser: “Dixen mentiras e desobedecín a meus pais”, coma se fosen os únicos pecados do mundo. Mentir e desobedecer, elementos base para o desenrolo da mala conduta humana, do mal camiño. E por detrás as ameazas que reprimen e pretenden anular o suxeito que as recibe. Seguir lendo Pinocho (III). Mentiras e verdades →

Brian

13-11-18-gallinas-que-no-ponen-huevos,-el-sitio-avicola,-2Marina Losada Vicente. O misterio era grande e a preocupación máis. Á perda de peso do cativo sumábase o medo a que servizos sociais o levara, alegando que non eran quen de coidalo. Meses de problemas dixestivos, agravados nas últimas semanas. Era evidente, afirmaba o médico, diante das repetidas analíticas, a inxestión de sustancias non actas para o seu corpo, de aí os vómitos e as diarreas que só remitiron as tres veces que estivo ingresado. Seguir lendo Brian →

Choiva sobre a lousa cruel dos homes

aquetaciÛn 1Javier Turnes. Aristóteles afirmaba que a alma é, dalgún xeito, todas as cousas. Sobre todas elas -o día, a terra, o heroísmo, a finitude, o deserto, a beleza, Deus- deslízase o libro de Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) para apelar a esta potencia da alma, do ‘fondo sombrío’ que habita en cada un de nós -como a el lle gusta dicir-. Un arsenal e unha chamada, unha teoloxía liberadora que afirma con violencia, pero sen resentimento, que non hai nada que temer, excepto o antropomorfismo e a súa letalidade. Ou, o que é o mesmo, quedar quietos e poñerse a salvo. A alma humana é todas as cousas, tamén a morte, o indeterminado, a vulnerabilidade e a incerteza ordinaria: alí onde está o perigo, habita tamén a salvación. Seguir lendo Choiva sobre a lousa cruel dos homes →