Todolos artigos de: cafebarbantia

Pinturas na fogueira

descargaFidel Vidal. Destruír obras de arte, e non só polo inimigo -que ve nelas un grave perigo no sei exactamente de que-, senón polos propios artistas, é máis frecuente do que parece. Isto vén a conto porque o 4 de xaneiro deste 2020 morreu aos 88 anos un dos creadores con maior influencia dos últimos tempos. Refírome a John Baldessari, artista conceptual con inspiracións en Duchamp Seguir lendo Pinturas na fogueira →

O volcán da identidade

9788491514169Antón Riveiro Coello. A casa xunto ao volcán, segunda novela do escritor rianxeiro X. Ricardo Losada, acadou o II Premio Viadutos de novela e vén de ser publicada por Galaxia, unha sorte para os que gustamos dunha literatura pasada polo filtro da orixinalidade, cun estilo único e inimitable que ole a novo e diferente. Unha frescura que se suma ao relato psicolóxico dos personaxes, que nunca é plano, nin compracente, nin politicamente correcto, como xa demostrou na súa novela Bótame deste mar fóra, fuxindo de calquera estereotipo. Por riba, volve a este texto esa tensa fusión entre a literatura e a filosofía. Ao mesmo tempo que nos conta unha historia a través dos personaxes, X. Ricardo analiza, racionaliza, conceptúa… Seguir lendo O volcán da identidade →