Marina Losada Vicente. Hai tempo diso, pero como se fose onte. Unha lesión rara nunha muller, a triada, dixéronme que se lle chamaba de forma coloquial: rotura de menisco e de ligamento cruzado esquerdo, algo bastante común nos futbolistas. Seguir lendo A triada
Todolos artigos de: cafebarbantia
Mitin en Pernambuco
Xerardo AgraFoxo. Cando saía do convento vin como as súas portas estaban ateigadas de xente arrombada nas lousas da rúa húmida e sombriza. Durante un anaco apreciei como acubillaban os seus corpos entre cartóns e plásticos retorcidos. Había homes, mulleres, e algúns cativos que asomaban a cachola entre os febles trebellos. Seguir lendo Mitin en Pernambuco
Papacabichas
Xulio Gutiérrez Roger. Din que unha cabicha tarda dez anos en degradarse. Sería xenial que se degradase nun tempo tan curto. En serio! Sería xenial… se non fose mentira. Máis do 80% dunha cabicha é acetato de celulosa, unha substancia que, a pesar do seu nome, non é vexetal senón un derivado do petróleo. Seguir lendo Papacabichas
Unha habitación propia
César Alen. Este libro de Virginia Woolf está considerado un dos primeiros textos feministas, xunto ao imprescindible Segundo sexo de Simone de Beauvoir. A literatura é un espazo perfecto de representación teórica. Nos libros reflíctense as condicións da sociedade, as súas distintas perspectivas vitais, os rexistros políticos e as tendencias ideolóxicas. Foi precisamente un grupo de profesoras, escritoras, editoras as que, tras analizaren a literatura da época, detectaron o papel marxinal da muller, a súa escasa presenza. Tras esa detección dunha evidencia, ben escondida nunha literatura eminentemente dominada polos homes Seguir lendo Unha habitación propia