Todolos artigos de: cafebarbantia

Corpo espectacular

q145nlrb41tln9pnalj0g247t3_2018082010365615b7ac3f8d3ce2Marina Losada Vicente. Atendía detrás dun mostrador. Aínda que a collera no baño, en canto sentía abrir a porta, corría ao seu asento. De ter que levantarse para facer unha fotocopia, por acaso, sendo o seu cubículo tan pequeno, a persoa do outro lado só podía pensar en como era quen de moverse entre aqueles andeis cargados de expedientes, libros de contas, a impresora, o deshumificador e, no inverno, unha pequena estufa. Seguir lendo Corpo espectacular →

Os libros arden mal

51vCwq2u-ULCésar Alen. Parece que volve a época das rifas, das crueis vinganzas. Alguén está empeñado en rememorar tempos aciagos. O curioso de todo isto, é que se retorce a historia ata a absoluta falacia, como o imposible escorzo dun contorsionista. A ninguén parece importarlle desmentir a historia, a constatación dos feitos. Pode máis a xenreira, a provocación, o agradar aos teus, e se para iso hai que mentir non importa. A mentira é o dogma dos novos tempos. Facianas envilecidas e envelenadas, rictos cargados de rabia, ollos inxectados. A mentira penetra na pedra máis dura, cerebros  permeables. De novo sae á boia a mala baba dos que foron gañadores, pero hoxe son perdedores. Seguir lendo Os libros arden mal →

Aprender a Rezar na Era da Técnica

250xFidel Vidal. Lenz Buchmann deixa de ser adolescente e entra no mundo dos adultos, quer dicir, faise definitivamente un home, da man do seu pai Fredrich, desde a súa autoridade, cando este lle impón a estrea sexual fodendo a criadita. Diante del, nunha especie de ritual machista, nun rito de iniciación. “Vais fazê-la à minha frente – repetia. Estas palavras do pai marcaram Lenz durante anos” (Gonçalo M. Tavares, Aprender a Rezar na Era da Técnica, Caminho, 4ª ed., 2011, Premio ao mellor libro estranxeiro en Francia, 2010). Unha orde a obedecer e unha aprendizaxe. “A cada vez que se cumpre uma ordem por completo confirma-se a hierarquia já existente e, nesse sentido, o coração tranquiliza-se”, vai pensar o Lenz anos máis tarde.     Seguir lendo Aprender a Rezar na Era da Técnica →

Lixo no santuario

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Un día, San Patricio, para demostrar o malo que era vivir en pecado e o tremendo castigo que iso implicaba, fixo un pozo e retou a todos os presentes a baixar para ver como era o inferno. Pero, por se algún atrevido sentía a curiosidade de entrar con intención de desmentir a predicación do bispo, tamén os advertiu de que quen baixase posiblemente non volvería a subir endexamais. Seguir lendo Lixo no santuario →