X. Ricardo Losada. A escritora Susan Sontang, muller dunha grande intelixencia e coraxe moral, é unha desas persoas das que aprendes moito, mesmo cando non coincides con ela, tanto a nivel ideolóxico como vital. Por exemplo cando afirma: “Non teño ningún lugar onde volver, pasei a vida escapando”. Dicíao, entre outras cousas, porque tivo unha infancia moi desarraigada, vivindo en moitos lugares distintos Seguir lendo O futuro do desarraigamento
Todolos artigos de: cafebarbantia
Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVI. O conde de Villamediana
Román Arén. Nacido en Lisboa en 1582, o conde de Villamediana pertence á primeira xeración poética do século XVII, a carón de Quevedo, Rioja ou Carrillo Sotomayor. Logrou como poeta sintetizar as diversas correntes que conflúen no Século de Ouro: petrarquismo neoplatónico, sátira brutal, elexía funeral… Famoso na lenda polo seu asesinato e os seus amores frustrados, faleceu o domingo 21 de agosto de 1622. Moi lido no seu tempo, as súas obras editáronse en 1629, 1634, 1635, 1643, 1644 e 1648, esquecido logo dous séculos, no XIX espertou de novo interese, pero a súa obra reimprimiuse só chegado o século XX. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVI. O conde de Villamediana
Na agarda doutros cidadáns bos e xenerosos
Pilar Sampedro. Case damos por rematado o ano Fraguas despois do 17 de maio ou cando se escolle o próximo homenaxeado, pero o ano só acaba o 31 de decembro e cómpre seguir falando do emperador da humildade. Denomínoo así, porque cando se convida a Manuel Vilar (case na véspera de ser nomeado director do Museo do Pobo Galego) a dar unha conferencia sobre quen fora presidente desta entidade Seguir lendo Na agarda doutros cidadáns bos e xenerosos
A lume apagado
Marina Losada Vicente. Pasaba despois de traballar a recoller a filla. Levantaba a tapa da tarteira e comentaba: Ai, que ben arresende! A sogra insistía en invitala a xantar ou en que levase para comer na súa casa. Non, que engorda. Tanta rutina collera que, estando de vacacións, á volta do ximnasio, a nora pasaba a examinar a tarteira Seguir lendo A lume apagado