Todolos artigos de: cafebarbantia

Rafael Dieste por Luís Rei Núñez

descargaX. Ricardo Losada. Non recordo quen dixo que unha boa biografía debería reproducir e dramatizar un proceso que nos é familiar a todos, e conseguir que vexamos o ser do protagonista como un todo, en toda a súa frescura e esencia. É a sensación que teño nada máis rematar de ler Rafael Dieste. O libre pensamento do escritor Luís Rei Núñez. É certo que non hai unha visión nova, nin novidades substanciais, sobre a vida ou a obra do autor de Historias e invenciones de Félix Muriel, pero si moitos datos e documentos inéditos que dan consistencia a ese retrato que Rei Núñez leva elaborando desde hai case corenta anos. Seguir lendo Rafael Dieste por Luís Rei Núñez →

Unha regata de tolos (I)

8426133797_gFidel Vidal. Veño de compartir unha aventura extraordinaria que tivo lugar no mítico ano de mil novecentos sesenta e oito: a primeira volta ao mundo en barco en solitario sen escalas. Saíron nove homes e regresou só un. (Unha regata de tolos, Peter Nichols, Ed. Juventud, 2ª ed., 2009). Trátase dunha obra recomendada por un amigo, un verdadeiro home de mar, ao que lle dá entrada esta frase de Joseph Conrad: “No mar atoparás de todo: só depende do espírito con que o procures. Seguir lendo Unha regata de tolos (I) →

Chamábanlle Xeneroso

s-l300Marina Losada Vicente. Chamoume a atención a sombra de decepción que debuxaron os seus ollos. Soportou que ninguén dera conta del cun movemento seco de cabeza, coma un tic, que lle fixo mirarse no espello. Pousou a vista na clientela, nas mulleres, tanto nas das mesas como nas da barra. Fun a única que lle sostivo a mirada, pero non o confortou. Dubidou se aínda era o home gallardo que lembraba o forro do seu sombreiro trasnoitado. Seguir lendo Chamábanlle Xeneroso →