Mauricia Ces Quintáns. Ninguén mellor para adicarse á escrita. Ninguén mellor, para perder o tempo tentando escribir. Non o teño. O tempo tenme a min e non sabe que facer comigo. Non controlo o mecanismo. As horas sucédense iguais ata desaparecer fulminadas pola escuridade. Evapóranse. Como o orballo que deixa a chuvia tras de si. Sen rastro nin pegada do seu paso nalgunha gota extraviada no pétalo dunha mimosa que agroma feliz os seus ollos ao sol. Seguir lendo O tempo invisible
Todolos artigos de: cafebarbantia
Illamento social

Francisco Ant. Vidal Blanco. Onde queda aquel cemiterio de aldea, que tanto botaba de menos o esqueleto do ollo de vidro, de Castelao, porque ó menos alí, arredor da igrexa, xuntábanse cada domingo os veciños a falar e o finado podía pórse ó día cos acontecementos da veciñanza, mentres que nun de cidade os finados viven illados, anda cada un á súa, e non participan das vicisitudes dos paisanos.
Compostela, espazo de ilustración
Pilar Sampedro. Ás veces pasa. Coinciden dúas exposicións con puntos comúns no tempo e no espazo. MiiC segunda edición. Mostra internacional ilustración Contemporánea está no espazo de Afundación, na rúa do Vilar, presentando dezanove proxectos ilustrados que queren mostrar o que se está a facer, segundo di a comisaria, na área da ilustración de vangarda mundial. Neste caso, ponse o foco na representación subxectiva da natureza e o universo feminino e aténdese tamén ao tratamento da cor. Realmente, á ilustración hai que pórlle cabeciña, porque sendo algo non demasiado difícil de visibilizar, neste momento achega todos os avances Seguir lendo Compostela, espazo de ilustración
Narrativas erosionadas: Maurice Blanchot visto por Gary Hill

Alberte Pagán. Thomas o Obscuro (Maurice Blanchot, 1941) é umha novela ontológica sem argumento e sem personages, porque o Thomas do título nom existe ao tempo que é todos os homes e todas as criaturas, um ser proteico que pode cessar de ser humano para se converter em gato; e Anne é, pode ser, um desdobramento de Thomas que existe e nom existe, aranha e mulher, ela e a sua mai a um tempo. Anne aparece quando Thomas morre, quiçá el morre para que ela naza. Quando Thomas morre converte-se no cadáver de toda a humanidade. Nom som, ao tempo que existo, di Thomas. Penso, e portanto nom som. Thomas é um ser sem cabeça e sem braços e sem presença, cumha absoluta ausência de desejo. Seguir lendo Narrativas erosionadas: Maurice Blanchot visto por Gary Hill