Gonzalo Trasbach. Logo de varios anos protagonizando polémicas, M.I.A. xa non necesita os medios, pois ela é a narradora da súa propia historia. Desde que subiu por vez primeira a un escenario emprega os micrófonos para rapear e meterse en leas e provocar acedos comentarios dos seus inimigos. En 1975, o seu país de orixe estaba en guerra civil entre o goberno e a minoría étnica tamil, á que pertencía e pertence a súa familia. O seu pai, fundador da resistencia tamil, enviou a súa familia para Europa. Seguir lendo Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres
Todolos artigos de: cafebarbantia
Efluvios do esquecemento
Xosé Manuel Lobato. Avanzar sen molestar, sempre inmerso no seu íntimo sixilo, pausado e despreocupado sen rancores, malia tantos atrancos que o bípede ser pensante foi argallando para beneficiarse do seu natural itinerario. Emerxe brincando, cantareiro e xovial, en terras agrestes no lugar de Talariño, na súa crianza percorre a parroquia de Paradiña, lugar que abandona sen altas expectativas de resplandor nin conquistas efémeras. Seguir lendo Efluvios do esquecemento
En prácticas
Marina Losada Vicente. Érgome. Os pés buscan ás apalpadas as zapatillas. Da mesma maneira, achégome á persiana. Súboa. Abro a ventá e entra o aire fresco. Xa eu ben sabía que ía frío. Á esquerda da ventá, onde a deixei onte, a bata. Póñoa. Polo corredor, a man na parede confirma o camiño da cociña. Porta. Despensa, vaso, billa de auga. Caixón. Caixa das pílulas. Trago unha. Pouso o vaso no vertedoiro. A orde facilita cada movemento. Seguir lendo En prácticas
Ritual no galiñeiro
Carme Toba. O sábado e o domingo, despois de toda a semana de escola, deixábannos durmir un anaco máis entre sabas e cobertores. O xeito rutineiro de sono desaparecía cando nosa avoa nos petaba co mango da vasoira no piso do sobrado que, con aquel resoante “tum-tum”, vibraba no cuarto de arriba.
Espreguizabámonos e vestiámonos argallando as trasnadas do día que tiñamos por diante. Cando baixabamos, a avoa tiña o lume aceso e a pota do caldo fervendo. As cuncas do leite muxido con pan de boroa fumegantes agardábannos na mesa das cales dabamos boa conta. Seguir lendo Ritual no galiñeiro