Todolos artigos de: cafebarbantia

Escultores de Noia no neoclasicismo galego

Escultores de NoiaDolores Villaverde. Escribía D. José Couselo Bouzas na súa Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX  que  “la hermosa y atrayente villa de Noya ha contado en todo el  siglo XVIII y parte del XIX con un número relativamente grande de artistas…”. Non se enganaba, pois chama a  atención por ser a vila de Galicia máis prolífica en canto a actividade artística se refire nesas décadas. De feito, a  maior parte dos artistas, sobre todo escultores, que traballan para a  diocese de Santiago proceden de aí. É indiscutible que o máis  popular foi Xosé Ferreiro, pero pode ser interesante  dar a coñecer outros nomes que non deben quedar no esquecemento, e que tamén nacen ou se forman en Noia. Seguir lendo Escultores de Noia no neoclasicismo galego →

Invasión

As eirugas transfórmanse en bolboretas tras estar baixo terra entre un e catro anos
As eirugas transfórmanse en bolboretas tras estar baixo terra entre un e catro anos

Xulio Gutiérrez. Os rapapelos procesionan por onde lles peta. Indiferentes aos pasos de cebra, aos semáforos e ás direccións prohibidas. Indiferentes aos pisotóns dos primates con zapatos que os esmagan pisándoos con asco. Indiferentes ao balbordo dos nenos que xogan a desfacer con paus as súas rectilíneas formacións. Seguir lendo Invasión →

Galicia e os galegos na poesía castelá CVIII. Un cantor do Apóstolo

107191839Román Arén. Hai un certo número de poetas, autóctonos e foráneos en xeral de raíz católica, que identifican Galicia co Apóstolo Santiago, non só patrón de Galicia, xa que é o patrón de España e de moitas parroquias, mesmo en América. Algúns destes poetas logran ata non citar a Galicia, aínda que sobreentendan que gabar o Apóstolo Iago é gabarnos a nós. O máis famoso dos poemas ao patrón é o de frei Luis de León, pero houbo varios tamén no século XX. Elixo un que apareceu na revista galega <Gelmírez> en 1946 e que esta editou nun “encarte”, “Galopada de tercetos al Señor Santiago”, do rioxano de Haro Antonio de Zubiaurre (1916) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CVIII. Un cantor do Apóstolo →