Ignacio Castro Rey. Polo menos neste país, un nunca saberá moi ben a que se dedica a esquerda. Á parte, está claro, desa eterna partida de dominó con distintas elites apoderadas. Tamén entre elas a lectura está en declive, coma se o progresismo aspiracional tivese suficiente cos clásicos do seu santoral, que citan de memoria sen lelos, e coa bendita “trampa da diversidade”, aínda que ese outro libro poucos (a pesar das vendas) lerán. Por non saír do seguro, nin se atenderá a Fahrenheit 11/9, pois o documental é complexo e ideoloxicamente non aliñado. Non esquezamos que o capitalismo, no sentido espiritual que dicía M. Thatcher (para quen a economía era só un medio), é precisamente unha incansable ideoloxía Seguir lendo Un habitar máis forte que a metrópole
Todolos artigos de: cafebarbantia
O absurdo como obsesión
Fidel Vidal. Confesándome negado para a música, a nova dun evento cultural como o acontecido en Milán coa estrea da ópera Samuel Beckett: Fin de partida do húngaro Kurtág (Teatro alla Scala, 12 de novembro, 2018), convídame a reflexionar sobre algúns aspectos para min relevantes. Seguir lendo O absurdo como obsesión
Nais, bravas e loitadoras
Óscar Reboiras. Encántame cando escoito o actor e humorista Carlos Blanco falar das bravas do país. Son todas esas mulleres anónimas que non deixaron de traballar, pelexar e tirar para adiante sen o recoñecemento que merecen (e que deberían ter). Nestas letras, quero falar de dúas delas: da miña bisavoa Adelaida, e da miña tía avoa Lola. Seguir lendo Nais, bravas e loitadoras
O bautismo prenatal
Natividad Rey. Aurora era unha muller que desexaba ser nai e, tras sufrir tres abortos espontáneos, decidiu realizar o rito do bautismo prenatal estando embarazada por cuarta vez. Entón un día, un pouco antes da medianoite, acercouse á ponte das Partidas acompañada por dous familiares e tres amigos. Levaron comida en abundancia e todo o necesario para celebraren un bautizo cristián. Cando chegaron os seus acompañantes facían de gardas da ponte e permaneceron nas entradas impedindo que ninguén a cruzase e, ela camiñou soa cunha corda longa e un caldeiro, en silencio, e detívose na metade dela para agardar alí a chegada do padriño Seguir lendo O bautismo prenatal