Xerardo AgraFoxo. Deixoume nun lugar que se chamaba Vila, considerado como a capital municipal de Ilhabela. O seu centro era un claro exemplo da arquitectura colonial e imperial brasileira. As casas eran ananas, as cores das fachadas amosaban un balance equilibrado de tons azuis e brancos e as rúas eran simétricas. A vida transcorría entre o peirao e a estrada que fendía a illa pola costa oeste. Seguir lendo Ilhabela
Todolos artigos de: cafebarbantia
Pasolini: rabia, cólera e rebeldía
Gonzalo Trasbach. Día 5 de marzo de 1922. Nace Pier Paolo Pasolini en Santo Stefano (Bolonia). Así pois, de ter vivido arestora o poeta e cineasta italiano estaría a uns pasos de acadar os cen anos. Con motivo da celebración do seu centenario, as editoriais xa puxeron as máquinas en marcha para confeccionar novas edicións da obra xa publicada e ao mesmo tempo para dar a coñecer algunha novidade con respecto á produción artística dunha das máis relevantes figuras da cultura transalpina do século pasado. Entre as novidades é de destacar a biografía Pasolini. El último profeta de Miguel Dalmau (Barcelona, 1975), pola que se levou a 34 edición do Premio Comillas, a correspondente a este ano 2022. Seguir lendo Pasolini: rabia, cólera e rebeldía
Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIII. Gaspar Aguilar
Román Arén. O valenciano Gaspar Aguilar nacera en 1561 e faleceu en 1623. Poeta épico (La expulsión de los moros de España, 1610), lírico (Rimas humanas y divinas; edi. Moderna en 1951) e autor de la Fábula de Endimión y la luna, perteneceu á famosa “Academia de los Nocturnos”. Adoita figurar nas escolmas pola súa poesía lírica, pero non é esta o centro do noso interese senón polo poema no que alude aos condes de Lemos, con motivo das festas rexias en Valencia, pois o de Lemos era sobriño e xenro do valido real, o marqués de Denia e logo duque de Lerma. Aguilar foi dramaturgo, moi gabado por Cervantes e sabía describir moi ben os espectáculos Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIII. Gaspar Aguilar
Cando poucas fan o de moitas
Pilar Sampedro. Refírome a persoas, a cando poucas persoas fan o esforzo que non levan a cabo as administracións ou os colectivos amplos, e cando isto repercute sobre o común, sobre o público.
Estou convencida de que moitas veces non conseguimos as metas porque non acabamos de crer na capacidade de cambio que temos nas mans. Seguir lendo Cando poucas fan o de moitas