Todolos artigos de: cafebarbantia

Un premio a ter en conta

PuraeDoraVazquezPilar Sampedro. Hai premios que non dan acadado a difusión que merecerían aínda que só fose porque acadalos leva implícito a súa publicación, ademais dun importe económico importante. Hainos que, incluso, se subdividen ou multiplican porque unha vez seleccionado o texto ábrese un novo certame para escoller quen vai realizar a ilustración. Si, estou a referirme ao Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez que promove a Deputación de Ourense en lembranza desas dúas irmás que foron pioneiras no campo da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Seguir lendo Un premio a ter en conta →

En espera, un tratado sobre unha violencia perfecta

9788412113662Gonzalo Trasbach. Despois de dous amplos libros anteriores, Ética da desorde e Choiva  oblicua, en cuxas páxinas podemos atopar momentos dunha potencia reflexiva e poética pouco frecuentes, Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) regresa á súa querenza anterior, unha aceda belixerancia con esta normalidade social, falsamente interactiva e horizontal. Castro actualiza agora unha enérxica crítica que se nutre dun optimismo existencial condensado nun formato breve, aínda que non menos contundente: En espera. Sobre a hipótese dunha violencia perfecta ( LaOficina). Perfecta, suxire este ensaio, porque se personalizou, combinando uns malos tratos globais de fondo co espectáculo das identidades narcisistas. Seguir lendo En espera, un tratado sobre unha violencia perfecta →

Décimas de segundo

71150219_1Marina Losada Vicente. Cando sobe no autobús interurbano decátase de que lle quedou un libro na marquesiña. Baixa a recollelo e atópase cun veciño, novo na súa vila, que se ofrece a levala. Silvana, que sempre anda axustada de cartos, dille que si.

Xa no coche -arrancou o autobús-, o condutor pregúntalle, amable, se ten présa. El non é de autoestradas, irán pola estrada. A medio camiño, colle un desvío que a rapaza non sabe a onde leva. Seguir lendo Décimas de segundo →