Todolos artigos de: cafebarbantia

Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís

CUBERTAClorofilaPilar Sampedro. Neste afán por dar a coñecer seleccións bibliográficas ao redor dunha determinada temática, de forma que as familias, os centros educativos,as bibliotecas públicas e todas aquelas persoas interesadas nesta produción teñan acceso aos títulos máis representativos, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Galego) pon á súa disposición unha nova Guía, neste caso, relacionada co medio ambiente. Clorofila en letra para curar o planeta é o seu título. Pártese da necesidade de que a rapazada se comprometa coa natureza, unha vez que se ten demostrado que os Estados e os seus Gobernos están máis interesados nas cuestións económicas e de mercado que en deixarlles o planeta nas mellores condicións. Seguir lendo Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís

O avance das pombas

Ignacio Castro Rey. Hoxe é imposible sentarse nunha terraza santiaguesa sen ser asediado por unha bandada de aves que case che quitan a comida da man. Na famosa película de Hitchcock tratábase dun trastorno transitorio dos paxaros, agora é unha cousa que ocorre todos os días. Tamén nas praias, coas anduriñas que nos queren roubar a merenda. Que pasou para que o consideremos normal? Seguir lendo O avance das pombas

Invertido a calzonazos

H0f9f57af0dca403dbd5a1d09324c3d139Marina Losada Vicente. Acabo de coincidir co señor Avelino comprando bragas no mercado. Diante da súa inseguridade, fixo o pedido moi baixiño, e da distancia física que garda co xénero, como non querendo tocar algo prohibido, a miña cabeza lévame a pensar que a súa muller está impedida dalgunha maneira.

Sería meu pai capaz de facer o mesmo? Moito tería que ser! Aínda que non quere saber nada da Internet, antes pediría facer un curso acelerado para aprender a comprar na distancia Seguir lendo Invertido a calzonazos