Todolos artigos de: cafebarbantia

Conversas de escaparate. Todo se andará

9459.tmpFidel Vidal. -Gustouche o meu pai?

-Gustou, e moito. Ten ese aquel de home reservado…

-Sen reservas. Tamén ti lle gustaches a el.

-Como lle gustou a xarda asada da cea de onte.

-Non sexas irónica. Estou dicindo a verdade. Non é que mo dixese expresamente pero noteillo na cara. A meu pai nótaselle deseguido cando alguén lle cae ben. Seguir lendo Conversas de escaparate. Todo se andará →

Matriarcas

As femias da galiñola común enfróntanse en duros combates polos machos Foto: Antonio Sandoval
As femias da galiñola común enfróntanse en duros combates polos machos Foto: Antonio Sandoval

Xulio Gutiérrez Roger. Estamos tan afeitos a interpretar a natureza con lentes ideolóxicas que cremos ver nos animais características humanas que de ningunha maneira posúen. A maxestosidade do león, a astucia do raposo ou a crueldade da hiena. Pero estas lentes non son máis que un espello que nos define antes a nós que a eles. Unha destas lentes relaciónase co concepto de familia nuclear: o papá, a mamá e as crías. Seguir lendo Matriarcas →

Observadores observados

«Atavismo», obra de Rosana Calvo Foto: Carmela Queijeiro
«Atavismo», obra de Rosana Calvo Foto: Carmela Queijeiro

Antonio Piñeiro. Está na sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas, en Ribeira, a mostra dos traballos premiados no décimo sexto Certame Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas. Entre eles unha magnífica obra da artista noiesa Rosana Calvo. Este debuxo a lapis, titulado Atavismo. Seguir lendo Observadores observados →