Todolos artigos de: cafebarbantia

Última testemuña

137946-dMarina Losada Vicente. O mango era un mango, certo, non podía ser outra cousa, o caso era saber o mango de que? Pouca importancia tiña para o caso algo tan redondo no seu contorno, tan suave ao tacto, tan indefenso na súa propia inutilidade, de goma dura ou dun plástico especial… pero que demo pintaba ao carón dun cadáver? E por que lle faltaba a cabeza -ao mango, non ao cadáver! Seguir lendo Última testemuña →

Ruina montium

O fío de Ariadna Mauricia CesMauricia Ces Quintáns. Atrás queda o verán, coa súa calor… As hostes non marcharon. Os romanos seguen inesgotables na procura do ouro dentro da terra. As negras cordilleiras que percorren a chaira dan testemuño vivo da súa afanosa industria. Medulas antigas salpican o solo furado das montañas; abandonadas entre a vexetación, apuntan ao ceo, ás veces azul, ás veces gris, do outono os cumios isósceles Seguir lendo Ruina montium →

Unha nova voz, unha voz nova

descarga (1)Román Arén. Andy da Fonte (Andrea San Xurxo, A Pobra, 2003) tira do prelo o seu primeiro libro, onde recolle os poemas escritos dende 2016. Unha voz que se interroga pola súa existencia, nunha liña neorromántica negra, na que morte, escuridade, suicidio, cárcere, son conceptos moi presentes: «Vexo morte, / só vexo negro mar», «Non será que estou morta xa?» Inseguridade do eu lírico na propia existencia («E non sei quen son»), o mundo exterior como inimigo («O mundo é hostil»), a estrañeza do propio corpo («gústame ver como o meu corpo se desmaterializa tamén ao contacto / coas burbullas»), desorientación («Vago insegura por dominio hostil» Seguir lendo Unha nova voz, unha voz nova →