Pilar Sampedro. Hai palabras que se unen en correntes subterráneas que se mesturan nas profundidades. Estou pensando en texto e téxtil ao que se ten referido Irene Vallejo facendo mención a como as mulleres, ao tempo de coser ou tecer, contaban as historias que ían pasando de boca en boca. Seguir lendo Literatura e territorio
Arquivo da categoría: Poesía
Unha nova voz, unha voz nova
Román Arén. Andy da Fonte (Andrea San Xurxo, A Pobra, 2003) tira do prelo o seu primeiro libro, onde recolle os poemas escritos dende 2016. Unha voz que se interroga pola súa existencia, nunha liña neorromántica negra, na que morte, escuridade, suicidio, cárcere, son conceptos moi presentes: «Vexo morte, / só vexo negro mar», «Non será que estou morta xa?» Inseguridade do eu lírico na propia existencia («E non sei quen son»), o mundo exterior como inimigo («O mundo é hostil»), a estrañeza do propio corpo («gústame ver como o meu corpo se desmaterializa tamén ao contacto / coas burbullas»), desorientación («Vago insegura por dominio hostil» Seguir lendo Unha nova voz, unha voz nova
Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIV. Torcuato Luca de Tena
Román Arén. Por idade Torcuato Luca de Tena (1923) pertence á xeración de Carlos E. De Roy, Rafael Montesinos, José Hierro e Pablo García Baena, pero, aínda que comezou a súa carreira literaria como poeta, a crítica non o considerou nunca unha figura importante e o seu éxito, sobre todo popular, veulle como novelista. Os da miña xeración, e os da anterior, lembrarán unha novela de adolescencia, Edad prohibida, que fora publicada en 1957 ou 1958, case ao mesmo tempo que La vida sale al encuentro, de Martín Vigil. Novela amena, algo moralista, convencional, pero ben escrita, os críticos “serios” non a valoraron, pero o autor non carece de maña literaria. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIV. Torcuato Luca de Tena
Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIII. César M. Arconada
Román Arén. Quen asinaba César M. Arconada nacera en Astudillo, Palencia, en 1898 e o seu primeiro apelido era Muñoz. Foi figura importante na vangarda española, autor de ensaios como En torno a Debussy (1926), Vida de Greta Garbo (1929) e Tres cómicos de cine (1931), pero tamén narrador social en Los pobres contra los ricos (1933) e Reparto de tierras (1936), ademais de importante xornalista en <El Diario Palentino>, <La Gaceta Literaria>, <Octubre>, <Tensor>, <Nuestro Cinema> e <Mundo Obrero>. Cultivou tamén o teatro en 3 farsas para títeres (1936) e foi importante poeta ultraísta en Sed (1922) e Urbe (1928). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIII. César M. Arconada