Arquivo da categoría: Poesía

Aproximacións a Manoel Antonio (III)

Manuel Antonio pax 1X. Ricardo Losada. Recórdolle ao lector que esta serie de textos transcriben pequenas reflexións que me provocou o libro de Xosé Luís Axeitos, Aproximacións a Manoel Antonio (Editorial Axóuxere, 2020). No primeiro solicitaba que Axeitos aclarase por que cría que Manoel Antonio non protestara polas graves manipulacións que o editor Ánxel Casal fixo do seu manuscrito de De catro a catro. No segundo reveláballe que, ao meu entender, cae con frecuencia na falacia de petición de principio: inclúe nas premisas das súas argumentacións, as conclusións ás que quere chegar. Neste terceiro vou tratar unha afirmación de Axeitos na que di que o poeta rianxeiro tiña unha actitude estilística, psicolóxica, ética e política de perfeccionamento, incompatible con certos sentimentos corrosivos atribuídos arbitrariamente a Manoel Antonio. Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (III)

Aproximacións a Manoel Antonio (II)

manuel-antonio-perez-sanchezX. Ricardo Losada. Como prometín, sigo compartindo con vós as miñas reflexións sobre o libro de Xosé Luís Axeitos Aproximacións a Manoel Antonio (editorial Axóuxere, 2020). Pero antes de nada, tratando de ser sincero, quixera facer unha aclaración. Aínda que Axeitos non me cita nese libro, sentinme interpelado en varias ocasións, no sentido de que me daba a impresión de que criticaba algúns aspectos da miña biografía sobre o poeta rianxeiro. Por moitas razóns, pero, basicamente, por unha. Teño lido practicamente todo o que se ten escrito sobre Manoel Antonio, e esas críticas só encaixan co meu libro. Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (II)

Aproximacións a Manoel Antonio

978849485535X. Ricardo Losada. Máis alá do seu brillante currículo, e do seu talante persoal, o que máis me gusta de Roberto Abuín é o seu evidente amor pola filosofía, e por unha filosofía que el concibe, coma min, como un debate aberto sobre as ideas. Non outra debeu ser a razón pola que se lanzou a crear unha editorial, Axóuxere, que segue unha arriscada liña experimental e de rigorosa reflexión sobre o mundo, cando as tendencias dominantes van en dirección contraria. Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio

A Cousa Vermella, de Olga Novo

10261881Fidel Vidal. Que cousa é a Cousa? E a cousa vermella? Talvez esa cousa deberíamos vela como ver-mel(l)a. Como un oco polo que respirar, ou como proposta. Un proxecto sempre ao axexo. Nesta ocasión, o título do libro de Olga Novo (Premio Nacional de Poesía 2020),  A cousa vermella (Espiral Maior, 2004) vén ao caso; ao meu caso. Acontece o mesmo coa poesía en xeral: a funcionar como semente, como seme: o seme que deixas neste verso (p. 13).

Atopámonos diante dunha ilusión ou dunha realidade difícil de dicir? E non digamos se a Cousa vén con maiúscula. Axiña pensei na Cousa freudiana. Seguir lendo A Cousa Vermella, de Olga Novo