Elisa Lobeira. Vén Eva Veiga de gañar o XXXI Premio de poesía Cidade de Ourense 2015 e agora Espiral Maior edita o poemario, Silencio percutido, nun ano no que tamén edita outro poemario, Soño e vértice. Xa con once poemarios, é unha das poetas importantes do noso sistema literario, unha voz dunha gran pureza lírica, en sintonía coa modernidade pero fuxindo do hermetismo excesivo e sen confundir polifonía con cacofonía. A poesía non se explica, non predica, fálanos e debemos comprender, pero a miúdo unha comprensión coma a do soño, como a da inocencia perdida do edén, ou a dor máis alá da xustificación. Seguir lendo Silencio percutido
Arquivo da categoría: Poesía
Peixes na terra. Mulleres poetas arredor da Xeración do 27
Elisa Lobeira. Pepa Merlo, unha granadina de 1969, coñecida como autora de contos polo libro sobre a represión franquista sobre as mulleres (El haza de las viudas, 2009), é a responsable da escolma Peces en la tierra (Sevilla, 2010), que reúne vinte poetisas que xiraron arredor dos famosos poetas da Xeración do 27 e que ten o mérito de incluír non só as autoras que todo mundo espera (Rosa Chacel, Concha Méndez, Ernestina de Champourcín, Carmen Conde e Josefina de la Torre) xunto a outras reivindicadas dende non hai moito tempo (Elisabeth Muldes, Lucía Sánchez de Saornil, a mellor das ultraísta) e outras moi esquecidas (Mª Luisa Muñoz, María Cegarra, Marina Romero, Margarita Ferreras). Seguir lendo Peixes na terra. Mulleres poetas arredor da Xeración do 27
Aviso a potenciais suicidas
Fidel Vidal. As mudanzas sempre deixan pendentes, durante un longo período de tempo, a definitiva colocación dos libros nos andeis. Unha magnífica ocasión para tropezar con textos xa esquecidos. Sucedeu coa Antoloxía de poetas suicidas (1770-1985), seleccionada por José Luis Gallero e publicada por Fugaz Ediciones Universitarias, Madrid, l989. E lembreime do poeta grego Kostas Karyotakis, e da súa singular e agoirenta forma de morrer. O poeta traballaba como funcionario. Por conflitos co xefe e como represalia, foi desprazado forzosamente a un novo destino: á localidade de Préveza, cidade na que acaba suicidándose o 20 de xullo de 1928. Seguir lendo Aviso a potenciais suicidas
Galicia e os galegos na poesía castelá. XLIII. Francisco Rodríguez Marín
Román Arén. A memoria que hoxe temos de Francisco Rodríguez Marín (1855-1943), natural de Osuna, é a de cervantista, autor e comentarista dunha monumental edición do Quixote (1947-9), e quizais tamén a dun folclorista importante, editor dos Cantos populares españoles (1882), especialista no refraneiro castelán e editor das Poesías de Cervantes e da Gatomaquia de Lope. Pero na súa época, sobre todo entre 1880 e 1900, foi considerado un poeta digno de respecto, que mesmo foi traducido ao galego por Pondal, e moi bo sonetista: Ciento y un sonetos (1895), cunha poética prolonga o anacreontismo, sobre todo en obras como Madrigales (1893). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. XLIII. Francisco Rodríguez Marín