Antón Riveiro Coello. Sempre coidei que a ollada de escritor de Carlos Casares e esa ironía, mesmo ese escepticismo cheo de retranca, tiña a súa fonte na liña paterna. Cando Carlos explicaba a súa paixón pola narrativa, usaba o exemplo dos avós de Lamas. E malia que a avoa Francisca era un ser fantástico, que puña creto nas pantasmas e mesmo se citaba polas tardes cun seu irmán morto para falaren baixo unha cerdeira, Carlos decantábase polo avó Seguir lendo Carlos e o teatro
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
De ratos e homes
Antón Riveiro Coello. Maio foi de Carlos Casares. O outro día, na presentación dun libro arredor del, ficamos ás escuras en Xinzo e, baixo a luz dunha lanterna que inspiraba un lume de lareira, todo transcorreu dun xeito máis espontáneo. Alí, Xavier Casares contou anécdotas memorables e falamos do medo aos ratos do seu pai, que tiña sona de valente. Seguir lendo De ratos e homes
Dúas pedras
Antón Riveiro Coello. Vinte anos despois de que Casares visitase diversos centros galegos en Suíza para dar unhas conferen-cias sobre Ánxel Fole, eu fixen a mesma viaxe precisamente para falar de Carlos. Foi emocionante pasar por onde el estivo, tratar con xente que o escoitou, asinar nos mesmos libros de visitas ou ser acollido cunha xene-rosidade familiar pola mesma persoa, Quique Nogueiras, un limiao ben informado Seguir lendo Dúas pedras
Escoller

Antón Riveiro Coello. Resulta estraño pensar que unha persoa, logo de saber que apenas lle quedan tres meses de vida por mor dun cancro terminal, atope algún resorte de optimismo no simple feito de fumar ou na posibilidade de poder seguir comendo chourizo. Tamén causa abraio o sorriso aberto de alguén sen brazos nin pernas. Seguir lendo Escoller