Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Pasolini: rabia, cólera e rebeldía

pasonili1Gonzalo Trasbach. Día 5 de marzo de 1922. Nace Pier Paolo Pasolini en Santo Stefano (Bolonia). Así pois, de ter vivido arestora o poeta e cineasta italiano estaría a uns pasos de acadar os cen anos. Con motivo da celebración do seu centenario, as editoriais xa puxeron as máquinas en marcha para confeccionar novas edicións da obra xa publicada e ao mesmo tempo para dar a coñecer algunha novidade con respecto á produción artística dunha das máis relevantes figuras da cultura transalpina do século pasado. Entre as novidades é de destacar a biografía Pasolini. El último profeta de Miguel Dalmau (Barcelona, 1975), pola que se levou a 34 edición do Premio Comillas, a correspondente a este ano 2022. Seguir lendo Pasolini: rabia, cólera e rebeldía

Sexo y silencio, nova obra de Ignacio Castro

libro-sexo-y-silencioGonzalo Trasbach. Sexo y silencio é a decimo oitava obra que publica o escritor, profesor de Filosofía e crítico de arte e cine Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952). É tamén a terceira que ve a luz baixo o potente selo valenciano Pre-Textos. Nas 250 páxinas deste volume o filósofo santiagués proponse pór en orde toda unha seriede experiencias que viviu e perturbárono nalgúns intres da súa intensa traxectoria vital, aínda que axiña fai unha puntualización: <sendo como é un libro que contén unha fonda carga de confesión persoal, en absoluto se trata dunha obra autobiográfica>. Mais tamén recoñoce que o expón sen ningún pudor, nin rubor. Seguir lendo Sexo y silencio, nova obra de Ignacio Castro

Ulises, centenario

1507-1Gonzalo Trasbach. O centenario da obra máis polémica e afamada de James Joyce, a monumental Ulises cumpre 100 anos o vindeiro 2 de febreiro. Con motivo do seu centenario os devotos e admiradores do xenio irlandés, poderemos celebrar a efeméride mercando a reedición que, ilustrada polo pintor Eduardo Arroyo (Madrid, 24 de febreiro 1937-14 outubro, 2018), Galaxia Gutenberg porá á venda o día 19. Paralelamente, a editorial Lumen publicará unha reedición da tradución que José María Valverde (1926-1996) fixera en 1976 para o mesmo selo. Seguir lendo Ulises, centenario

O xoguete de David Bowie

61d5d7121de39Gonzalo Trasbach. Seguindo o ronsel doutras grandes figuras do rock e do pop, como Bob  Dylan, Neil Young, Aerosmith, Shaquira e Bruce Sprinsteen, entre outros, os herdeiros de David Bowie acaban de vender o catálogo das súas creacións musicais por un valor de entre 230 e 250 millóns de dólares á compañía Warner. A venda confirmouse poucos días antes de que se conmemorase o quinto aniversario do pasamento do artista británico, acontecido o 10 de xaneiro de 2017, e que nacera nun barrio de Londres un 8 de xaneiro de 1947. Seguir lendo O xoguete de David Bowie