Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Dylan é unha multitude

descargaGonzalo Trasbach. O pasado 24 de maio, último luns deste quinto mes do 2021, Bob Dylan acadou a moi venerable idade de 80 anos. Moitos da súa “quinta” dentro do panorama musical xa quedaron on de road fai anos. O seu nome de pía é Rober Allen Zinmmerman, o cal cambiou en honor ao poeta Dylan Thomas (Gales, Swanse, 1914-Nova York, 1953), quen faleceu no hospital San Vicente de Manhattan, con só 39 anos, e que logo caeu no esquecemento case total, sepultado polo éxito e a fama que adquiriu o cantante de Minnesota, que viñera ao mundo en Duluth o 24 de maio do 1941. Seguir lendo Dylan é unha multitude

A soidade do corredor de fondo

20187810Gonzalo Trasbach. Unha das tarefas que me impuxen nos dous meses do confinamento foi a de recuperar a disciplina que practicara durante o maio de 1974, cando aquel réxime despótico que por entón nos gobernaba e que tantos devotos aínda conserva entre nós, me encerrou na cadea provincial de A Coruña. De tal xeito foi así que unha das actividades que levei a cabo consistiu en visionar algunhas das películas de cine clásico que me tiñan marcado ou impresionado no seu momento. Esta decisión levoume a revisar as cintas da miña curta pero ben escollida e coidada filmoteca. E removendo nos andeis batín coa Soidade do corredor de fondo, unha cinta dirixida por Tony Richardson Seguir lendo A soidade do corredor de fondo

O inesquecíbel son de Grândola Vila Morena

claveles-20-webGonzalo Trasbach. Voaban fíos de herba na primavera acabada de estrear. Entre os libros da biblioteca e os discos do estudo sosegadas ían pasando as horas dun día luminoso e esperanzador. Cando a tarde ía declinando, os barcos navegaban sobre as calmosas augas do esteiro, que abría a súa ampla boca cara ao Océano Atlántico. Seguir lendo O inesquecíbel son de Grândola Vila Morena

Feria, de Ana Iris Simón

9788412226720Gonzalo Trasbach. En Feria, a súa primeira obra, unha novela-autobiográfica, Ana Iris Simón (Campo de Criptana, Cidade Real, 29 anos), rende homenaxe ao sentimento comunitario dos seus avós e pais, feirantes e campesiños, fronte ao individualismo nihilista e ao escapismo triunfantes entre nós, ou mellor dito, na sociedade actual. Esta moza xornalista, tras pasar polas revistas “Telva” e “Vice”, ingresará nas listaxes do paro o vindeiro mes de xuño, cando rematará o seu contrato como guionista en “Playz” de RTVE. Para entón espera dar a luz ao seu ou súa fillo/a, polo cal decidiu abandonar Madrid e regresar á vila dos seu familiares. Neste seu debut como escritora, a manchega tributa honores a toda a súa liñaxe, á vez que desmonta o mito dos “millenials” da clase media nacional. Seguir lendo Feria, de Ana Iris Simón