Arquivo da categoría: Viaxes

Unha regata de tolos (II). O destino

goldenFidel Vidal. O mundo do mar non está libre de supersticións; lembremos a clásica de non elevar áncoras en venres (no noso ámbito o día de mal agoiro é o martes, “non te cases nin te embarques”), ou a de non meter mulleres no barco. Xa embarcados non é aconsellable mencionar os curas; tampouco se permite asubiar, a menos que desexes ser apisoado por unha calma chicha. Contra os malos presaxios están os amuletos: as restras de allos son os de maior uso e, especializados en amainar temporais, nada mellor que unha prenda de roupa interior feminina colgada do mastro maior. Seguir lendo Unha regata de tolos (II). O destino

Visita a Auschwitz-Birkenau

3f66f5e4c9f04df885ce4274d8e47c5fGonzalo Trasbach. Era mediodía cando chegamos ao territorio da desolación, a vexación e o terror indiscriminados. Entramos polo portón por onde os trens ateigados de deportados ían camiño da estación “Solución final” Birkenau=bidueiro en alemán. Parámonos diante dos barracóns de madeira que teñen resistido en pé o paso do tempo. Un dobre aramado de espiños electrificado bordea as case duascentas hectáreas Seguir lendo Visita a Auschwitz-Birkenau

Unha regata de tolos (I)

8426133797_gFidel Vidal. Veño de compartir unha aventura extraordinaria que tivo lugar no mítico ano de mil novecentos sesenta e oito: a primeira volta ao mundo en barco en solitario sen escalas. Saíron nove homes e regresou só un. (Unha regata de tolos, Peter Nichols, Ed. Juventud, 2ª ed., 2009). Trátase dunha obra recomendada por un amigo, un verdadeiro home de mar, ao que lle dá entrada esta frase de Joseph Conrad: “No mar atoparás de todo: só depende do espírito con que o procures. Seguir lendo Unha regata de tolos (I)

“Famadihana”, a volteadura dos ossos

Estaçom de trem de Antsirabe
Estaçom de trem de Antsirabe

Alberte Pagán. Nom existe umha teleologia da vida. A nossa existência nom tem mais sentido que a de umha pinga de água caindo na montanha. Mas certas gentes insistem em pregarem desígnios cósmicos para essa pobre gota, convertendo-a em mensageira divina à que se lhe adjudica a missom de regar e fomentar a vida na floresta. Seguir lendo “Famadihana”, a volteadura dos ossos