Xerardo AgraFoxo. Atravesar a illa para chegar á costa norte, supón serpear con abraio as faldras dunha montaña chea de socalcos salferidos con aldeas cativas e cultivos tropicais. Un abeiro onde as manchas de néboa e os ventos húmidos anuncian as paisaxes tépedas propias da laurisilva Seguir lendo Santana, terra de palhoças e levadas
Arquivo da categoría: Viaxes
Funchal, o refuxio dunha emperatriz
Xerardo AgraFoxo. A illa é nova. Ten a súa orixe nun volcán abrollado do Atlántico hai cinco millóns de anos que se converteu paseniño nun paraíso recoñecido polo seu clima agradábel, un mosaico de engaiolantes paisaxes e unhas fragas de laurisilva únicas no mundo. Pero a capital é unha cidade vella, xurdida a carón dunha baía orientada dende os comezos da colonización portuguesa para comercializar os seus produtos máis demandados: a cana de azucre, os plátanos e o viño doce. Esta «pequena Lisboa» amosa un centro histórico ben conservado, onde se erguen igrexas, museos e pazos antigos Seguir lendo Funchal, o refuxio dunha emperatriz
Punta das Crechas
Ramiro Ouviña O. É de noite. As nove do 21 de decembro. Venta como se ouvease a morte, e a chuvia arremuíñase ao noso redor. Os paraventos non son quen de espallala lonxe das nosas facianas. O bambeo do barco move a cortina da derrota, chiscando o seu ollo de luz e escuridade. Saímos do Caribe hai doce días, con rumbo directo ao Canal da Mancha. Seguir lendo Punta das Crechas
Psicose de fronteira
Amancio Pampín Suárez. Experimento a psicose de fronteira. Entro desde Xordania. Son cacheado, interrogado e fichado. Expulsan do control unha nai mentres uns gardas esnaquizan caixas de galletas. Da ponte Allenby sae o bus entre sinais de «perigo, minas». Seguir lendo Psicose de fronteira