Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada

Palabras ao ventimperio

letrasX. Ricardo Losada. O mesmo día que morreu Isidro Novo lin un artigo seu titulado Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio no que fala dun proxecto da AELG que se dedica a recoller palabras que viven en Galicia sen que os dicionarios lles dean acollida. Escribín este texto, como homenaxe a tan fermosa iniciativa, recordando ese capítulo de Rayuela que Cortázar escribiu con palabras inventadas pero que se entende perfectamente. Seguir lendo Palabras ao ventimperio →

Montes sagrados

castroX. Ricardo Losada. Hai un lugar en Rianxo desde o que podes ver os montes máis importantes do mundo, e cada vez que vou imaxino que os percorro nunha etapa ciclista. A primeira parte, cha, vai polo mar ata Vilagarcía, onde subo ao monte Lobeira. Despois collo a estrada de Padrón e subo ao monte Xiabre en Catoira para, de seguido, cruzar a ponte sobre o río Ulla e subir ao monte Lioira de Asados que, tras un rápido descenso, lévame ao pico Muralla no Araño e, case deseguido, ao Castro Barbudo en Taragoña. Finalmente abordo Iroite e o miradoiro da Curota na Pobra do Caramiñal, onde está a meta desta marabillosa etapa.   Seguir lendo Montes sagrados →

Ovellas pitagóricas

paseoX. Ricardo Losada. Rianxo ten moitos atractivos: museos e pazos e postas de sol e petróglifos e castelos e praias e festas e xoubas, pero creo que se lles preguntase aos rianxeiros cal é o maior, non acertarían. E con “maior” refírome ao lugar máis visitado (e con máis reincidencia) por autóctonos e turistas. Eu seino porque está ao lado do idílico banco onde leo todas as tardes no paseo marítimo. Seguir lendo Ovellas pitagóricas →

Magdalena Losada

duchaX. Ricardo Losada. Sempre me gustou esa idea (por sublime e necia ao mesmo tempo) que Borges desenvolve dunha forma insuperable no relato Pierre Menard, autor del Quijote. Se unha persoa escribe en 2017 o Quixote tal cal o escribiu Cervantes, sería un libro completamente diferente. Como hoxe teño un día transgresor e estou con ganas de experimentar, vou levar a cabo esa idea cun comentario de Magdalena a outro meu, neste mesmo café, no que me estrañaba de que Magdalena non protestase  Seguir lendo Magdalena Losada →