Carlos Mosteiro. A onde vai? É un misterio. Nada sabemos da enerxía, da ledicia, do impulso primario e primeiro que iniciou este andar, o que impulsou esta carreira. Ningunha información fidedigna sacamos dos pasos, nada da pedra da rúa, pasos e pedra son só as circunstancias do camiño. Seguir lendo Pasos
Arquivo da categoría: Carlos Mosteiro
Gardiáns do templo
Carlos Mosteiro. “A literatura galega hoxe é sesudísima, tómase a si mesma terriblemente en serio, todo ten que ser trascendente e definitivo…Cada libro que se publica ten que ser a grande novela galega”. Son palabras de Pedro Feijoo nunha entrevista concedida ao Diario de Pontevedra (30-10-15, pxs.12,13). E logo segue disparando xa por elevación: “A cultura non é da Real Academia Galega nin da Fundación Rosalía de Castro, a cultura é nosa. Temos que poder tocala, apalpala, sobala, porque é forte e non vai romper”. Ben. Discutible o de que é forte e non vai romper. Pero máis alá desa declaración optimista, non creo realmente que Pedro Feijoo quixera facer un canto á mediocridade ao dicir que as escritoras e escritores galegos non deban tomarse en serio a si mesmos. Seguir lendo Gardiáns do templo
O meu pesadelo favorito, de María Solar
Carlos Mosteiro. María Solar chega á literatura infantil dende o mundo da comunicación. Xornalista da TVG e da Radio Galega, conduciu durante oito anos o magazín “As tardes da Galega” na radio autonómica. Actualmente presenta na televisión “A Revista, fin de semana”. En Galaxia ten xa publicado “Vou ter un irmán!!!” e “A verdadeira historia da mosca da tele”, gañadores ambas as dúas do Premio Frei Martín Sarmiento, o primeiro no 2013 e o segundo no 2014. Con “O meu pesadelo favorito” (tamén en Galaxia) gañou o Premio Lazarillo de 2014, unha marabillosa historia na que un neno con febre descobre un mundo paralelo nos soños, mesmo nos soños dos soños, e inda nos soños que soña dentro dun soño. Seguir lendo O meu pesadelo favorito, de María Solar
Fin de festa, de Diana Varela Puñal
Carlos Mosteiro. Debe ser que os escritores, nalgún momento da súa vida, non poden evitar falar do seu espazo vital, o lugar da nenez, a aldea. Caen nunha especie de autoficción obrigada (quizais “caer” non sexa a palabra). É un mandato, unha especie de imperativo categórico que un recibe dunha “instancia superior”, case unha “obriga moral”. Algo disto lle debeu pasar a Diana Varela Puñal con este libro, “Fin de festa”, que a autora fai transcorrer en Xuvino. Todo se estrutura nun círculo concéntrico de derrotas, unha especie de sistema de perdedores orbitando arredor de Susi Arnela, o mito erótico, a Anita Ekberg a que ninguén é quen de rescatar da fontana, a muller máis fermosa, nacida para a gloria e o triunfo e que acaba sendo engulida polo factum de Xuvino, ese que conduce os seus moradores cara ao afundimento irreversible. Seguir lendo Fin de festa, de Diana Varela Puñal