Antonio Piñeiro. Literatura fortísima dende as primeiras páxinas, A rotura das paisaxes é unha nova exquisitez entre as exquisiteces ás que nos ten afeitos Xesús Constela. O libro comeza con esa glosa de Toulouse-Lautrec: A paisaxe non debe servir senón como medio para facer comprender … a figura. (Pax.11), e a eterna reflexión de se as cousas existen independentemente de que as ollemos/pensemos ou non. Previamente, Xesús fai recurso tamén dunha chiscadela ao xeito de Marguerite Duras cando, antes de comezar Les yeux bleus cheveux noirs, ofrecía ao lector unha breve nota introdutoria, invitación ou cordial desafío á lectura. Seguir lendo A rotura das paisaxes, de Xesús Constela
Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro
Liquidación de existencias, de Ramón Caride.
Antonio Piñeiro. Andrés e mais Cesar, o Cesariño, dous mozos estudantes e vividores en Compostela, planifican a execución dun secuestro exprés mentres transitan pola noite santiaguesa. Andrés, que narra en primeira persoa, ao primeiro considérao coma unha idea desatinada, máis finalmente déixase convencer e acométeno. O apreixamento terá lugar no solar illado dun polígono industrial, entre Padrón e a ría de Arousa. As vítimas, o construtor Tomás del Monte e mais o seu fillo, pagan cunha facilidade tal que descoloca as previsións de César e Andrés, e fai que se confíen, comezando a gastar o botín no bordel Ophalus Seguir lendo Liquidación de existencias, de Ramón Caride.
Cuestións vitais secretas, de Iván G. Campos
Antonio Piñeiro. Hai unha realidade posterior, un reverso da realidade, común a todas as vidas que se narran neste Cuestións vitais secretas, de Iván G. Campos. Unha realidade envolvida, sobre todo, no cotián. Ás veces mesmo unha pararrealidade explícita -“…fiteina coma se non a ollase a ela, senón o máis alá…” (Pax. 51)-, que nos é presentada coma unha brétema da rutina. Ese sería un primeiro elemento de cohesión, o que fai do libro un tema; outro sería quizais o concepto de “eiva”, entre esas polivalentes comiñas, unha eiva vital, de cada personaxe. O home é un ser incompleto -dicía Nietzsche-, un estado inacabado da animalidade. Seguir lendo Cuestións vitais secretas, de Iván G. Campos
Fontán (IV), de Marcos Calveiro
Antonio Piñeiro. Despois da lectura das súas dúas obras anteriores, Festina lente e Settecento, xa tiña claro que Marcos Calveiro estaba a desenvolver unha linguaxe propia coa que, máis alá de relatar, semella que converse coas épocas. Calveiro aprendeu a conversar cos séculos, a comprender os seus protagonistas, mellor aínda ca iso: a estar entre eles, coma un testemuño supernumerario do seu acontecer. E desa conexión é da que se desprende o realismo da súa confianza cos personaxes, coma de compañeiros de camiño ou de pupitre, nesa constante sensación de detalle íntimo que zumega esta nova novela, Fontán. Seguir lendo Fontán (IV), de Marcos Calveiro