Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez

O animador cultural de Rianxo

O Escritor. El_Barbero_MunicipalPastor Rodríguez. Nacido en Cures en 1865, José Arcos Moldes residiu na vila de Rianxo dende neno. Perito mercantil, foi un verdadeiro animador cultural da vila rianxeira, colaborador de xornais como El Noroeste de Vilagarcía, e de revistas comoVida Gallega e Galicia Nueva, pero a súa importancia vénlle pola dirección do xornal El Barbero Municipal, a petición de Castelao, onde non só publicou artigos, senón tamén algún relato como O que naceu pra ichavo… (1912), que José Antonio Durán considera próximo ao autor de Retrincos, e que reeditou en El primer Castelao. Biografía y antología rotas. Seguir lendo O animador cultural de Rianxo

Un intelectual da Pobra

Primitivo_MariñoPastor Rodríguez. Se hai un intelectual pouco coñecido no Barbanza ese é o xesuíta Primitivo Mariño Gómez, nado na Pobra do Caramiñal en 1934. Investigador de Filosofía Política e Dereito Internacional, ensaísta e tradutor, especialista en pensamento político. Destaca a súa tese doutoral sobre Oríxenes de Alexandría e a súa obra Contra Celso, da que se publicou un resumo en 1974. Autor de traducións de clásicos do dereito, cómpre citar as que fixo de Colloquium heptaplomeres co título Coloquio de los siete sabios sobre arcanos relativos a cuestiones íntimas (1999), de Jean Bodin, e, Del derecho de presa. Del derecho de la guerra y de la paz (1987), de Hugo Grocio. Seguir lendo Un intelectual da Pobra

Comunicación e patrimonio

anxoPastor Rodríguez. Nacido en Palmeira en 1976, xa na súa mocidade amosou interese pola poesía e a narrativa, para dedicarse logo a temas de comunicación. Doutor en Ciencias da Información, profesor da Universidade de Compostela, vencellado ao Consello da Cultura Galega, dirixe o diario dixital culturagalega.gal. No ano 2000 colaborou no volume colectivo El Catón compostelano. Estudios, obra que estudaba o primeiro xornal de Galicia, saído en 1800. Ese mesmo ano, en colaboración con X. López García e J. Pereira Fariña publicou O novo xornalismo electrónico. Xa en 2012, xunto con Xurxo Ayán, sacará do prelo a obra Herdeiros pola forza, un traballo a prol do patrimonio cultural galego e a súa posta en valor, partindo da premisa de que «herdar é preservar». Seguir lendo Comunicación e patrimonio

O devoto do Nazareno

pastorPastor Rodríguez. Ángel José Patiño de Reloba, bautizado en Santiago do Deán, na Pobra, o 2 de marzo de 1735, pertencía a unha familia fidalga, con parentesco cos condes de Maceda e de Medina, no seo da cal xa houbera varios cóengos de Compostela, honra que el tamén acadou tras pasar polo colexio de San Clemente, de ser bacharel en Filosofía en 1754 e en Teoloxía en 1758. Licenciado e mestre en Artes en 1765, residiu en Madrid entre 1769 e 1771, onde intervén na edición da biografía do arcebispo Juan de San Clemente. En 1770, por nomeamento real, obtivo unha Prebenda en Compostela. Licenciou e doutorouse en 1771, acadando a cátedra de Prima de Teoloxía. Seguir lendo O devoto do Nazareno