Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez

Basilio Vilariño, un explorador noiés

Basilio_VillarinoPastor Rodríguez. Basilio Villarino Bermúdez nacera en Noia, no lugar da Toxeira, o 15 de xuño de 1741, estudou na escola de pilotos de Ferrol e partiu para América en 1774 como axudante de piloto da fragata Perpetua. Entre 1778 e 1779 fixo varias expedicións á Patagonia, onde descubriu o golfo de San José, erguendo planos dos lugares explorados e preparando un vocabulario das linguas tehulche e palpa. Xa en 1782 emprendeu a máis importante das súas expedicións, na que chegou ata os Andes e a lagoa Heuchén, marchando logo co superintendente do Río Negro, Juan de la Piedra, a unha viaxe para dominar os indios de Sierra de la Ventana. Nesa loita faleceu o 26 de xaneiro de 1785. Seguir lendo Basilio Vilariño, un explorador noiés

Un sacerdote liberal nacido na Pobra do Deán

sacerdotePastor Rodríguez. Nacido na Pobra do Deán en 1775, Joaquín González Patiño foi un sacerdote liberal ao que os seus inimigos reaccionarios alcumaban Traqueberraque. Doutor en Filosofía e Teoloxía, catedrático da universidade de Compostela, en 1802 foi o seu bibliotecario maior, cargo que compatibilizou co de cóengo cardeal de Santiago. Seguir lendo Un sacerdote liberal nacido na Pobra do Deán

Un autor costumista

Xenaro Mariñas González
Xenaro Mariñas González

Pastor Rodríguez. Xenaro Mariñas González naceu en Noia en 1868, pero foi bautizado en Porto do Son. Destacado xornalista, chegou a dirixir a revista La Coruña Risueña, mais cultivou o galego en prosa e verso. Non foi autor de gran importancia como poeta, pois non logrou superar os tópicos xa moi luídos cando publica, pero os seus poemas apareceron en A Tía Catuxa, El Eco de Galicia, Aires da Miña Terra e A Nosa Terra. Colaborou tamén en La Ilustración Gallega, Mondeñedo, Las Mariñas, e outros xornais. Residiu varios anos na cidade de Lleida, e produto da súa relación foi o poemario Lleidatanas, que está inédito. Seguir lendo Un autor costumista

Frei Luís Iglesias, un franciscano rianxeiro

Frei Luís Iglesias GonzálezPastor Rodríguez. A importancia dos discípulos do santo de Asís na vida piadosa e intelectual do Barbanza é natural se pensamos na presenza dos conventos do Xobre na Pobra, Louro en Muros ou San Francisco de Noia. Xa dende o século XV destacaron figuras como Alonso del Espinar, Alonso Muñoz ou Juan Nieto, e Frei Luís Iglesias González, quen foi un home moi importante na vida da orde dos frades menores, pois en 1830 foi elixido Xeneral de todos os franciscanos. Nado en Rianxo en 1767, profesou no convento de Santiago o 9 de maio de 1783, pasando como colexial a Alba de Tormes en 1790, para ocupar logo os cargos de lector de Artes no convento de Noia Seguir lendo Frei Luís Iglesias, un franciscano rianxeiro